factograf
GL
Sign in

misión do transbordador espacial Columbia

STS-73

STS-73
All data from the card 1
Freebase
/m/02lq_z

STS-73 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 20 de outubro de 1995 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características

STS-73, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para facer experimentos no módulo laboratorio USML-2. Os experimentos abranguían campos relacionados coa física de fluídos, ciencia de materiais, a bioloxía e o estudo da combustión. A tripulación estaba formada polo comandante Kenneth D. Bowersox, o piloto Kent V. Rominger, a comandante de carga Kathryn C. Thornton, os especialistas de misión Catherine G. Coleman, Michael E. Lopez-Alegria e os especialistas de carga Fred W. Leslie e Albert Sacco.

USML-2 proseguiu algúns dos experimentos levados a cabo no USML-1, durante a misión STS-50. A bordo levaba experimentos de física de fluídos, ciencia de materiais, cristais de proteína e ciencia da combustión.

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 5 de novembro de 1995.

Véxase tamén

Read next

In 24 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article