factograf
GL
Sign in

misión do transbordador espacial Challenger

STS-51-B

STS-51-B
All data from the card 1
Freebase
/m/02hkrl

STS-51-B foi unha misión do transbordador espacial Challenger lanzada o 29 de abril de 1985 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características

STS-51-B, con sete astronautas a bordo, estivo completamente adicada a facer experimentos no laboratorio Spacelab 3 situado na bodega de carga do transbordador. Os experimentos estaban adicados a un amplo rango de disciplinas, desde ciencia de materiais a bioloxía, pasando por física de fluídos e outras. A tripulación estaba formada polo comandante Robert F. Overmyer, o piloto Frederick D. Gregory, os especialistas de misión Don L. Lind, Norman E. Thagard e William E. Thornton e os especialistas de carga Lodewijk van den Berg e Taylor Wang.

STS-51B foi a primeira misión do transbordador cunha misión primaria adicada á ciencia. O laboratorio Spacelab 3 contiña 15 experimentos principais de cinco áreas científicas para investigacións provenientes dos Estados Unidos, Francia e a India. O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 6 de maio de 1985.

Véxase tamén

Read next

In 28 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article