STS-65 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 8 de xullo de 1994 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características
STS-65, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para facer varios experimentos a bordo módulo laboratorio internacional IML-2. Os experimentos abranguían os campos da bioloxía, a física e aspectos tecnolóxicos. A tripulación estaba formada polo comandante Robert D. Cabana, o piloto James D. Halsell, o comandante de carga Richard J. Hieb, os especialistas de misión Carl E. Walz, Leroy Chiao e Donald A. Thomas e a especialista de carga Chiaki Naito-Mukai, a primeira muller xaponesa no espazo. Os experimentos a bordo do IML-2 foron unha colaboración internacional de científicos da Axencia Espacial Europea, o Canadá, Francia, Alemaña e o Xapón xunto cos Estados Unidos.
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 23 de xullo de 1994.
