STS-55 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 26 de abril de 1993 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características
STS-55, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para facer experimentos no laboratorio Spacelab D2, patrocinado por Alemaña. A tripulación estaba formada polo comandante Steven R. Nagel, o piloto Terence T. Henricks, os especialistas de misión Jerry L. Ross, Charles J. Precourt e Bernard A. Harris e os especialistas de carga Ulrich Walter e Hans Schlegel.
Os 88 experimentos a bordo de Spacelab D2 abranguían ciencias da vida, microgravedade, ciencias terrestres e astronomía e foi a sucesora de Spacelab D1, con 11 paísese participando no deseño e elaboración dos experimentos. A tripulación dividiuse en dous equipos para levar a cabo os experimentos de forma óptima. Outros experimentos secundarios a bordo do transbordador foron SAREX II e SAFEX. O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 5 de maio de 1993.
