STS-75 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 22 de febreiro de 1996 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características
STS-75, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para facer experimentos no laboratorio USMP-3 e soltar o satélite TSS-1R, unido ao transbordador por un cable. TSS-1R era unha nova versión do satélite TSS-1 que voou na misión STS-46, e ao igual que na anterior ocasión o satélite fallou, rompéndose o cable e perdéndose no espazo. A tripulación estaba formada polo comandante Andrew M. Allen, o piloto Scott J. Horowitz, o comandante de carga Franklin R. Chang-Diaz e os especialistas de misión Maurizio Cheli, Jeffrey A. Hoffman, Claude Nicollier e Umberto Guidoni.
O laboratorio USMP-3 levaba a bordo varios experimentos principais: AADSF, MEPHISTO, SAMS, OARE, ZENO e IDGE.
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 9 de marzo de 1996.
