factograf
GL
Sign in

escritora estadounidense

Toni Morrison

Toni Morrison

Key facts

data de nacemento18 de febreiro de 1931
data de falecemento5 de agosto de 2019
ocupaciónescritor, novelista, libretista
lugar de falecementoBronx
empregadorUniversidade de Princeton
distinciónPremio Nobel de Literatura
All data from the card 20
Nacemento
(en) Chloe Ardelia Wofford 18 de febreiro de 1931 Lorain
Morte
5 de agosto de 2019 (88 anos)Bronx
Causa da morte
pneumonía
Lugar de sepultura
South-View Cemetery (en)
Residencia
Syracuse Nova York Lorain (pt) Ohio
Grupo étnico
Pobo afroamericano
Relixión
Catolicismo
Educación
Lorain High School (en) (–1949)Universidade Howard - grao en Artes Universidade Cornell - mestría en artes
Campo de traballo
Poesía, literatura, African American literature, literatura dos Estados Unidos de América e filoloxía inglesa
Lugar de traballo
Washington, D.C. Nova York Houston Ithaca Princeton
Ocupación
escritora, escritora de literatura infantil, narradora de audiolibros, editora colaboradora, escritor de literatura xuvenil, poetisa, libretista, profesora universitaria, novelista, ensaísta
Empregador
Universidade de Princeton, Robert F. Goheen Professor in the Humanities (en) (1989–)
Membro de
Academia Estadounidense das Artes e as Letras Academia das Artes e das Ciencias dos Estados Unidos Alpha Kappa Alpha
Xénero artístico
African American literature
Influencias
Henry Dumas, Zora Neale Hurston, Doris Lessing, James Baldwin, William Faulkner, Virginia Woolf e Herman Melville
Arquivos en
Biblioteca da Universidade de Princeton (pt)
Cónxuxe
Harold Morrison (1958–1964), divorcio
Parentes
Cecilia Rouse, nora
Descrito pola fonte
Encyclopedia of African American Women WritersNotable Black American WomenAmerican Women Writers
Sitio web
tonimorrisonsociety.org

Toni Morrison, nada como Chloe Ardelia Wofford en Ohio o 18 de febreiro de 1931 e finada en Nova York o 5 de agosto de 2019, foi unha escritora estadounidense, Premio Nobel de Literatura en 1993.

Traxectoria

Toni Morrison naceu o 18 de febreiro de 1931 na localidade de Lorain, no estado de Ohio no seo dunha familia de raza negra moi pobre. Bautizada co nome Chloe Anthony Wofford, posteriormente adoptaría o nome literario de Toni Morrison, tomando o nome do seu alcume familar e o apelido do marido, o arquitecto Harold Morrison, co que estivo casada seis anos (desde 1958 ata 1964) e con quen tivo dous fillos.

En 1949 comezou os seus estudos na Universidade de Howard en Washington, D.C. e continuou na Universidade Cornell ata que en 1955 se graduó en Filoloxía inglesa. Comezou a dar clases de inglés na Universidade de Texas ata 1955 e na Universidade de Howard. En 1964, comezou a traballar como editora literaria na editorial Random House de Nova York. Tamén foi profesora na Universidade Estatal de Nova York (SUNY) en Albany. Foi profesora Robert F. Goheen de humanidades na Universidade de Princeton. É membro da Academia Americana das Artes e as Letras e do Consello Nacional das Artes.

Axudou a Angela Davis a escribir a súa autobiografía.

Obra literaria

Morrison nas súas obras fala da vida das persoas de raza negra, especialmente das mulleres negras, enxalzando esta comunidade. É unha muller combatente a favor dos dereitos civís e comprometida coa loita en contra da discriminación racial.

O primeiro libro de Toni Morrison apareceu en 1970, cando ela estaba preto dos 40 anos, The Bluest Eye (Ollos azuis) narra a historia dunha nena negra, Pecola, que quere ter os ollos da cor das bonecas das nenas brancas. O seu segundo libro Sula publícase en 1973 e en 1977 Song of Salomon (A canción de Salomón), un relato sobre a reunion do materialismo e o poder do amor que se converteu rapidamente nun éxito popular e que lle valeu o Premio da Crítica (National Book Critics Award) dese ano.

En 1981 saíu á luz Tar Baby, e seis anos despois, en 1987 aparece Beloved, un libro que relata a historia dunha escrava que atopa a liberdade, pero que mata a súa filla en idade infantil para salvala da escravitude. Este libro supuxo a súa consagración definitiva e valeulle a obtención do Premio Pulitzer. A continuación apareceron Jazz (1992) e Playing in the dark (Xogando na escuridade, 1992), que foron grandes éxitos de vendas.

En 1993, aínda que as súas obras completas non comprendían máis ca seis títulos, estes abondaron para que lle fose outorgado o Premio Nobel de Literatura e deste xeito pasou a converterse na primeira muller negra que recibiu esta distinción.

No ano 1999 publicou o seu sétimo libro, Paradise, e no 2003 Love (Amor), unha novela que narra a historia de odio entre dúas mulleres que aman ao mesmo home.

Obra

Novela

  • The Bluest Eye (Ollos azuis), 1970.
  • Sula, 1973.
  • Song of Solomon (A canción de Salomón), 1977
  • Tar Baby (A illa dos cabaleiros), 1981.
  • Beloved, 1987.
  • Jazz, 1992
  • Paradise (Paraíso), 1999.
  • Love (Amor), 2003.
  • A Mercy. 2008

Obras de Teatro

  • Dreaming Emmet, 1986

Non ficción

  • Remember:The Journey to School Integration (abril 2004)
  • Playing in the Dark (Xogando na escuridade), 1993.
  • The Black Book (1974)

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • The Toni Morrison Society (en inglés)
  • Premio Nobel de Literatura 1993: Toni Morrison (en inglés)
  • Anniina's Toni Morrison Page (en inglés)

Read next

In 112 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article