Pedro Martínez de la Rosa, nado en Cardedeu o 24 de febreiro de 1971 é un piloto español de Fórmula Un. Participou en 107 Grandes Premios cos equipos Arrows, Jaguar, McLaren e Sauber, e HRT. Debutou o 7 de marzo de 1999, converténdose nun dos poucos pilotos que anotaron un punto na súa primeira carreira. Logrou un total de 35 puntos no campionato, que inclúe un podio no Gran Premio de Hungría de 2006.
O 21 de novembro de 2011, anunciouse que De la Rosa asinou un contrato de dous anos para pilotar co equipo HRT F1. Coa retirada do equipo HRT en 2013, quedou sen asento para a tempada 2013. O 16 de xaneiro de 2013, de la Rosa foi anunciado como piloto probador de Ferrari para a tempada de Fórmula 1 de 2013.
Inicios
A diferenza da maioría dos pilotos, comezou a súa carreira en coches de radio control, especializado en 1:08 off-road. Gañou o campionato europeo de radio control off-road en dúas ocasións en 1983 e 1984 e foi finalista no campionato do mundo en 1986 Despois en 1988, xa con 17 anos empezou no karting. Logo participou no campionato da Fórmula Fiat español e converteuse en campión en 1989.
Andaina profesional
En 1990, de la Rosa competiu no campionato español de Fórmula Ford 1600 e converteuse en campión. Logo marchou a competir no campionato británico de Fórmula Ford 1600 e conseguiu dous podios de seis carreiras. En 1991, De la Rosa conseguiu o cuarto posto no Campionato de Fórmula Renault español con tres podios. En 1992 participou á vez no campionato europeo e británico da Fórmula Renault. Participou no campionato británico de Fórmula e os seguintes dous anos. En 1995, marchou ao Xapón onde proclamouse campión da Fórmula 3 xaponesa e foi terceiro no Gran Premio de Macau. En 1996, terminou oitavo tanto na Fórmula Nippon como na All Japan GT Championship. Ao ano seguinte foi campión na Fórmula Nippon. Tamén foi o campión do All Japan GT xunto a Michael Krumm.
Fórmula 1 (1999-2013)




Arrows (1999-2000)
En 1998, de la Rosa foi piloto de probas de Jordan. No ano seguinte, uniuse a Arrows e anotou un punto do campionato do mundo ao terminar sexto na súa primeira carreira, o Gran Premio de Australia de 1999. Regularmente clasificou por diante do seu compañeiro de equipo, o máis experimentado Toranosuke Takagi. No ano 2000 permaneceu en Arrows xunto ó holandés Jos Verstappen. Anotou dous puntos, terminando sexto no Gran Premio de Alemaña e no Gran Premio de Europa. Verstappen comentou a metade de tempada que el e de la Rosa 'traballamos ben xuntos e temos unha boa relación'. Durante a tempada 2000, o equipo Arrows participou nunha serie de televisión de 13 capítulos chamado 'Racing Arrows', que seguiu o equipo e os pilotos ao longo do ano. Emitiuse na canle de televisión británica ITV en 2001.
Jaguar (2001-2002)
Correu durante dous anos con Jaguar Racing xunto a Eddie Irvine, anotou 3 puntos en 2001, un quinto posto no Gran Premio de Italia (Monza, 16/9/2001), e un sexto en Canadá (10/5/2001) e ningún en 2002. Ao final da tempada 2002 Jaguar cesouno aínda que o seu contrato expiraba ao final de 2003.
McLaren (2003–2009)
De la Rosa é contratado como piloto de probas de McLaren, pero participou no Gran Premio de Bahrein de 2005 cando Juan Pablo Montoya lesionouse o ombreiro. Terminou quinto e marcou a volta rápida en carreira.
O 11 de xullo de 2006 anunciouse que De la Rosa faríase cargo do segundo asento de McLaren con efecto inmediato logo da marcha de Juan Pablo Montoya á NASCAR. Aínda que non estaba claro se quedaría co asento ata o final da tempada, pero varios resultados satisfactorios levárono a continuar.
No Gran Premio de Hungría de 2006 de la Rosa conseguiu o seu primeiro podio, chegando segundo detrás de Jenson Button.
Logo dun longo período de especulación sobre quen sería compañeiro de equipo de Fernando Alonso en 2007, foi Lewis Hamilton quen quedou co asento. De la Rosa continuou como piloto de probas do equipo.
Na tempada 2005 compaxinou as súas tarefas de probador coa de comentarista das carreiras da emisora española Telecinco. Logo da súa ausencia en 2006 regresou ao micrófono en 2007.
As novas de 2007 vinculaban a de la Rosa co retorno ás carreiras de F1 co novo equipo Prodrive, que creouse para facer o seu debut na tempada 2008. As especulacións suxerían que Prodrive formaríase co apoio do equipo McLaren, e que de la Rosa, xunto co seu compañeiro probador Gary Paffett correrían nel na súa primeira tempada. Pero, o equipo non puido estar na grella da nova tempada, e para 2008, de la Rosa mantívose como piloto de probas de McLaren.
De la Rosa tamén estivo implicado na controversia de espionaxe en torno ao seu equipo e os rivais de Ferrari. Coas probas achegadas por el e o seu compañeiro de equipo Fernando Alonso, a FIA excluíu ao equipo do Campionato de Construtores de 2007, e sancionouno cunha multa récord de 100 $ millóns.
Antes do inicio do Gran Premio de Australia de 2008, de la Rosa foi elixido como o novo presidente da Asociación de Pilotos de Grand Prix (GPDA) logo dunha votación unánime. Substituíu o retirado Ralf Schumacher. Quedou en McLaren en 2009, e en xaneiro de 2010 converteuse no quinto piloto de probas con máis experiencia na historia, en termos de días de proba. Anunciou que desexaba renunciar á función de presidente da GPDA, trala finalización do seu contrato para pilotar con Sauber en 2010, e foi substituído no cargo por Nick Heidfeld no Gran Premio de Australia.
BMW Sauber/Sauber (2010–2011)

O día 19 de xaneiro de 2010, o recentemente resucitado equipo Sauber anuncia a fichaxe de De la Rosa. O seu compañeiro de equipo en Sauber foi o piloto xaponés Kamui Kobayashi que destacara en Toyota durante as dúas últimas carreiras da tempada 2009 de Fórmula Un.
De la Rosa terminou sete das trece carreiras nas que participou na tempada 2010, e anotou seis puntos nunha única clasificación en postos de puntuación, un sétimo lugar no Gran Premio de Hungría de 2010. De la Rosa cualificou entre os dez primeiros en dúas ocasións, en Silverstone e en Hungría xa que tanto el como o seu compañeiro Kobayashi loitaron con problemas de fiabilidade na maioría da tempada.
Sauber substituíuno do seu asento en carreira en favor de Nick Heidfeld tralo Gran Premio de Italia. De la Rosa substituíu a Heidfeld como piloto de probas para en Pirelli, á espera do seu regreso a Fórmula 1 para a tempada 2011.
Logo do accidente en Mónaco de Sergio Pérez, de la Rosa Substituíuno no equipo Sauber no Gran Premio do Canadá de 2011, logo de que Pérez decidira logo da primeira sesión de adestramentos libres do venres, non participar o resto da fin de semana. De la Rosa logrou manterse fóra de problemas durante toda a primeira parte da carreira, afectada por fortes choivas, ía noveno antes de que unha bandeira vermella suspendera a carreira. Finalmente terminou 12º logo de ter un contacto pouco despois da reanudación polo que requiriu unha nova á.
Regreso a McLaren en 2011
O 9 de marzo de 2011, McLaren anunciou que De la Rosa regresaba ao equipo como piloto de probas e reserva.
HRT 2012


O 21 de novembro de 2011, anunciouse que De la Rosa asinou con HRT F1 nun contrato de dous anos. O seu compañeiro de equipo era o piloto da India Narain Karthikeyan. Ningún dos dous pilotos lograron clasificarse para a primeira carreira da tempada en Australia, de la Rosa só puido completar sete voltas cronometradas durante a fin de semana. No seguinte fin de semana en Malaisia, foi capaz de cualificar e terminar 22º na carreira logo de recibir unha penalización logo do reinicio da carreira, máis tarde foi ascendido ao posto 21 debido á penalización de 20 segundos de Karthikeyan por un incidente con Sebastian Vettel.
De la Rosa clasificouse por diante de Karthikeyan, unha vez máis, en China, e rematou 21º, cunha volta menos que o gañador da carreira. En Bahrain, terminou 20º logo de cualificar 22º, aínda que logo da carreira, admitiu que o equipo aínda necesita "gañar algo de velocidade por volta" para loitar contra os seus rivais cunha base consistente. A raíz disto, de la Rosa acabou a súa carreira de casa por primeira vez desde o 1999 no posto 19º, o último de todos os pilotos clasificados. Pero non puido completar o Gran Premio de Mónaco debido a unha colisión con Pastor Maldonado ao comezo da carreira.
Ferrari (2013)
O 16 de xaneiro, Ferrari anunciou que de la Rosa firmou un contrato co equipo, para axudar cos seus recursos no simulador. O 24 de xaneiro Ferrari anunciou que de la Rosa podería compartir o seu traballo co de piloto probador no seu desafío 2013, no F138 de Felipe Massa na primeira proba da tempada, a partir do 5 de febreiro en Xerez.
Resultados completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
| Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | Pos. | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1999 | Repsol Arrows | Arrows A20 | Arrows T2-F1 3.0 V10 | AUS 6 |
BRA Ret |
SMR Ret |
MON Ret |
ESP 11 |
CAN Ret |
FRA 11 |
RU Ret |
AUT Ret |
ALE Ret |
HUN 15 |
BEL Ret |
ITA Ret |
EUR Ret |
MAL Ret |
XPN 13 |
18º | 1 | ||||
| 2000 | Arrows F1 Team | Arrows A21 | Supertec FB02 3.0 V10 | AUS Ret |
BRA 8 |
SMR Ret |
RU Ret |
ESP Ret |
EUR 6 |
MON Ret |
CAN Ret |
FRA Ret |
AUT Ret |
ALE 6 |
HUN 16 |
BEL 16 |
ITA Ret |
USA Ret |
XPN 12 |
MAL Ret |
16º | 2 | |||
| 2001 | Jaguar Racing | Jaguar R2 | Cosworth CR-3 3.0 V10 | AUS | MAL | BRA | SMR | ESP Ret |
AUT Ret |
MON Ret |
CAN 6 |
EUR 8 |
FRA 14 |
RU 12 |
ALE Ret |
HUN 11 |
BEL Ret |
ITA 5 |
USA 12 |
XPN Ret |
16º | 3 | |||
| 2002 | Jaguar Racing | Jaguar R3/R3B | Cosworth CR-3 3.0 V10/CR-4 3.0 V10 | AUS 8 |
MAL 10 |
BRA 8 |
SMR Ret |
ESP Ret |
AUT Ret |
MON 10 |
CAN Ret |
EUR 11 |
RU 11 |
FRA 9 |
ALE Ret |
HUN 13 |
BEL Ret |
ITA Ret |
USA Ret |
XPN Ret |
21º | 0 | |||
| 2005 | West McLaren Mercedes | McLaren MP4-20 | Mercedes FO 110R 3.0 V10 | AUS PP |
MAL PP |
BHR 5 |
SMR PP |
ESP PP |
MON | EUR | CAN PP |
USA PP |
FRA PP |
RU PP |
ALE | HUN | TUR PP |
ITA PP |
BEL | BRA | XPN PP |
CHN PP |
20º | 4 | |
| 2006 | Team McLaren Mercedes | McLaren MP4-21 | Mercedes FO 108S 2.4 V8 | BHR | MAL | AUS | SMR | EUR | ESP | MON | RU | CAN | USA | FRA 7 |
ALE Ret |
HUN 2 |
TUR 5 |
ITA Ret |
CHN 5 |
XPN 11 |
BRA 8 |
11º | 19 | ||
| 2010 | Sauber | Sauber C29 | Ferrari 056 2.4 V8 | BHR Ret |
AUS 12 |
MAL NTS |
CHN Ret |
ESP Ret |
MON Ret |
TUR 11 |
CAN Ret |
EUR 12 |
RU Ret |
ALE 14 |
HUN 7 |
BEL 11 |
ITA 14 |
SIN | XPN | COR | BRA | ABU | 17º | 6 | |
| 2011 | Sauber F1 Team | Sauber C30 | Ferrari 056 2.4 V8 | AUS | MAL | CHN | TUR | ESP | MON | CAN 12 |
EUR | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | SIN | XPN | COR | IND | ABU | BRA | 20º | 0 | |
| 2012 | HRT F1 Team | Hispania F112 | Cosworth CA2012 V8 | AUS NSC |
MAL 21 |
CHN 21 |
BAH 20 |
ESP 19 |
MON Ret |
CAN Ret |
EUR 17 |
RU 20 |
ALE 21 |
HUN 22 |
BEL 18 |
ITA 18 |
SIN 17 |
XPN 18 |
COR Ret |
IND Ret |
ABU 17 |
USA 21 |
BRA 17 |
25º | 0 |
Véxase tamén
Ligazóns externas
- www.pedrodelarosa.com (en castelán).
