factograf
GL

vila da costa leste de Escocia

St Andrews

St Andrews

Key facts

poboación16.870
elevación sobre o nivel do mar24m
instancia devila
paísReino Unido
situado na unidade administrativaFife
descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
All data from the card 3
Código postal
KY16
VIAF
146613604
Freebase
/m/01zk9d

St Andrews, (en latín: S. Andrea(s); en scots: Saunt Aundraes; en escocés: Cill Rìmhinn) situada na costa leste de Escocia, no condado de Fife, é unha das cidades máis antigas e historicamente importantes de Escocia, malia o seu reducido tamaño. Nela atópase a Catedral de St Andrews, no presente derruída (que no seu tempo foi a máis grande de Escocia), un castelo, igualmente derruído, e unha das universidades máis antigas e prestixiosas do Reino Unido. Ademais, St Andrews é considerado como "o berce do golf", xa que nela atópanse o Royal and Ancient Golf Club of St Andrews -o club de golf máis antigo do mundo- e o Old Course de St Andrews, tamén un dos campos máis antigos.

Historia

Catedral de St Andrews.
Catedral de St Andrews.

Os primeiros asentamentos que se localizaron no actual St Andrews pertencen ós pictos, quen o denominaban Kilrymont ou Muckross. A lenda di que San Régulo trouxo até aquí as reliquias de Santo André, patrón de Escocia.

St Andrews recibiu o estatuto de "cidade real" (royal burgh) en 1124, e transformouse en arcebispado en 1466. A súa catedral comezou a construírse no século XII, pero non se concluíu até 1318, durante o reinado de Roberto I de Escocia. Naquel momento era o edificio máis grande de Escocia, e St Andrews, con máis de 14.000 habitantes no século XVI, unha das cidades costeiras máis importantes ó norte de Edimburgo.

Porén, durante a violenta Reforma relixiosa do século XVI, a catedral foi saqueada e quedou en ruínas, e a cidade perdeu gran parte do seu poder e influencia, quedando practicamente arruinada.

No presente, a cidade de St Andrews consta dun pequeno núcleo histórico, constituído principalmente por catro rúas (South Street, Market Street, North Street e The Scores), e unha ampla extensión de vivendas modernas destinadas principalmente ó persoal e os estudantes da Universidade de St Andrews, así como ós xogadores e afeccionados ó golf.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Lamont-Brown, Raymond (2002). John Donald, ed. Fife in History and Legend. Edimburgo. ISBN 0-85976-567-9.
  • Lamont-Brown, Raymond (2006). St Andrews:city by the northern sea. Edinburgh: Birlinn Publishing. ISBN 1-84158-450-9.
  • Omand, Donald (2000). The Fife Book.
  • Pride, Glen L. (1999). The Kingdom of Fife (2nd ed.). Edimburgo: Rutland Press. ISBN 1-873190-49-2.

Outros artigos

Ligazóns externas

Read next

In 52 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article