factograf
GL
Sign in

misión do transbordador espacial Endeavour

STS-108

STS-108
All data from the card 1
Freebase
/m/02pthw

STS-108 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 5 de decembro de 2001 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características

STS-108, con oito astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. Levou cara a estación á Expedición 4, formada por Iuri Onufriienko, Daniel W. Bursch e Carl E. Walz, e trouxo de volta á Expedición 3 (Frank Culbertson, Vladimir Dezhurov e Mikhail Tiurin). O comandante da misión era Dominic L. Gorie, con Mark E. Kelly como piloto e Linda M. Godwin e Daniel M. Tani como especialistas de misión. Levou subministracións a bordo do módulo Raffaello e durante a misión Godwin e Tani levaron a cabo un paseo espacial para engadar proteccións térmicas ás bases dos paneis solares da estación. O transbordador tamén levaba na súa bodega de carga varios experimentos.

O transbordador volveu a terra no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida, o 17 de decembro de 2001.

Véxase tamén

Read next

In 28 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article