factograf
GL

nave espacial dos Estados Unidos

Transbordador espacial Endeavour

Transbordador espacial Endeavour

Key facts

altura17,86m
instancia deorbitador da lanzadeira espacial, exhibit
paísEstados Unidos
situado na unidade administrativaOs Ánxeles
masa78.000 kg
All data from the card 1
Freebase
/m/06_v4

O transbordador espacial Endeavour, designación OV-105 (OV de Orbital Vehicle) foi un transbordador espacial que pertenceu á frota de transbordadores espaciais da NASA. Foi o quinto e último transbordador da frota, construído para substituír o Challenger, destruído en 1986, e fixo 25 misións nos seus 20 anos de servizo. Fixo a súa última aterraxe o 21 de setembro de 2012, ó regreso da misión STS-133.

Historia

Endeavour foi nomeado polo primeiro buque comandado por James Cook. Puido ser construído grazas a que, durante a construción dos transbordadores Discovery e Atlantis, a NASA encargou pezas de substitución para facilitar a reparación en caso de dano, entre elas partes da fuselaxe anterior, posterior e media e o temón. Eventualmente estas pezas, xunto con outras novas, serían usadas para ensamblar o Endeavour como substitución do Challenger. O Endeavour foi deseñado para mellorar as súas capacidades con respecto dos transbordadores previos, sendo máis lixeiro, usando por primeira vez un paracaídas durante a aterraxe para frear antes, levando equipamento para estender as súas misións no espazo, con aviónica nova a bordo e outras melloras.

Características

O transbordador Endeavour engalando.
O transbordador Endeavour engalando.
  • Tripulación máxima: 8
  • Lonxitude: 37,24 m
  • Envergadura: 23,79 m
  • Carga útil: 24.990 kg
  • Impulso: 53,37 kN
  • Masa cheo: 116.277 kg
  • Masa baleiro: 103.865 kg
  • Impulso específico: 316 s
  • Tempo máxima en órbita: 30 días
  • Volume habitable: 71,5 m3

Véxase tamén

Read next

In 56 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article