STS-101 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 19 de maio de 2000 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características
STS-101, con sete astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada por James D. Halsell (comandante), Scott J. Horowitz (piloto) e Jeffrey N. Williams, James S. Voss, Susan J. Helms e Iuri Usachov (especialistas de misión).
O lanzamento da STS-101 atrasouse tres veces por causas meteorolóxicas. Foi o primeiro lanzamento coas novas pantallas dixitais nun transbordador espacial, xunto con outras melloras. O Atlantis acoplouse ao porto PMA-2 da estación o 21 de maio, comezando unha serie de actividades para mellorala e ampliala. Durante un paseo espacial de 6 horas e 44 minutos feito por Voss e Williams (o quinto durante a construción da ISS) sustituironse catro das seis baterías do módulo Zarya, estabilizouse a grúa Strela de 3 metros deixada nunha misión anterior, completouse a instalación dunha grúa de 15 metros no módulo Zarya e reemprezaouse unha antena defectuosa. Tamén se elevou en 32 km a altura da órbita da estación cos motores do Atlantis, aprovisonouse cunha tonelada de comida, propelente e outras subministracións e preparouse a estación para a chegada en xullo dun novo módulo, o Zvezda.
O Atlantis aterrou no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida, o 29 de maio de 2000.
