factograf
GL
Sign in

misión do transbordador espacial Discovery

STS-96

STS-96
All data from the card 1
Freebase
/m/02pt9f

STS-96 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 27 de maio de 1999 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características

STS-96, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para continuar a construción da Estación Espacial Internacional e provisionala con subministracións durante o primeiro acoplamento entre un transbordador e a estación. A tripulación, composta polo comandante Kent V. Rominger, o piloto Rick D. Husband e os especialistas de misión Ellen Ochoa, Tamara E. Jernigan, Daniel T. Barry, Julie Payette e Valeri Ivanovich Tokarev, instalou unha grúa denominada Strela, de fabricación rusa, no módulo Zarya e levou a cabo tarefas e instalación de distintos compoñentes. O transbordador elevou a órbita da estación cos seus motores e puxo en órbita un pequeno satélite denominado STARSHINE.

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 6 de xuño de 1999.

Véxase tamén

Read next

In 28 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article