factograf
GL
Sign in

Iran Air

Iran Air

Key facts

data de creación ou fundación1961
instancia deaeroliña, empresa de capital aberto
paísIrán
All data from the card 2
ISNI
0000000406311715
Freebase
/m/016l2x

Iran Air, comercializada como A aeroliña da República Islámica de Irán (persa: هواپیمايی جمهوری اسلامی ایران‎, Havâpeymâyiye Jomhuriye Eslâmiye Irân), é a aeroliña nacional de Irán. Ten a súa sede no aeroporto de Mehrabad en Teherán. En 2018 operaba servizos regulares a 71 destinos en Asia e Europa. As súas bases principais atópase no aeroporto Imán Khomeini e no aeroporto de Mehrabad. A nivel doméstico Iran Air tamén é coñecida como Homa, que é o nome dun grifón mítico persa, e tamén o acrónimo de Aeroliñas Nacionais Iranianas en persa.

A división de carga da aeroliña, Iran Air Cargo, opera servizos regulares internacionais usando tres avións.

Frota

En febreiro de 2018 a frota de Iran Air estaba formada polos seguintes avións:

Frota de Iran Air
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Airbus A300B2-200 1 — 18 236 254 Derradeiro operdor do modelo
Airbus A300B4-200 5 — 18 236 254
Airbus A300-600R 4 — 22 239 261
Airbus A310-300 2 — 14 198 212 Un está fóra de servizo debido a unha colisión en terra
Airbus A320-200 6 6 12 144 156
Airbus A320neo — 32 TBA
Airbus A321-200 1 7 12 182 194 Entregas dende xaneiro de 2017
Airbus A330-200 2 8 32 206 238 Entregas dende marzo de 2017
Airbus A330-900neo — 28 TBA
Airbus A350-1000 — 16 TBA Entregas a partir de 2018
ATR 72-600 8 12 — 68 68 Entregas dende maio de 2017
Coa librea revisada
Fokker 100 3 — — 104 104
McDonnell Douglas MD-82 4 — 12 140 152
Frota de Iran Air Cargo
Airbus A300B4-200F 2 — Carga Os dous avións están almacenados en THR
Boeing 747-200C/SF 1 — Carga
Total 39 109

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Páxina web da aeroliña

Read next

In 41 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article