factograf
GL
Sign in

concello e cidade dos Países Baixos, capital da provincia de Holanda Setentrional

Haarlem

Haarlem

Key facts

poboación162.543
superficie32,09km²
paísPaíses Baixos
data de creación ou fundación1185
elevación sobre o nivel do mar2m
xefe do gobernoJos Wienen
All data from the card 5
Código postal
2000–2037
OpenStreetMap
47534
VIAF
159467794
Freebase
/m/0h095
NUTS
NL324

Haarlem é un concello e cidade dos Países Baixos, sendo a capital da provincia de Holanda Setentrional, a parte norte de Holanda, a cal foi unhas das máis poderosas das sete provincias da República Neerlandesa. A cidade está ás beiras do río Spaarne, ao redor de 20 km ao oeste de Ámsterdan e preto das dunas costeiras.

Foi o centro histórico do distrito de cultivo de tulipáns durante séculos e é alcumada por este motivo "Bloemenstad" (Cidade Flor). O concello de Haarlem tamén comprende parte da vila de Spaarnwoude, unha nova urbanización que forma parte da municipalidade de Haarlemmerliede en Spaarnwoude. O lema da cidade é Vicit vim virtus, en latín A virtude superou á violencia.

Demografía

Cantidade de poboaciónAno030.00060.00090.000120.000150.000180.000180018501900195020002050HaarlemEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Economía

A economía desta cidade holandesa céntrase na industria floral (sobre todo tulipáns), cervexeira, téxtil e chocolateira.

Edificios famosos e lugares de interese

Haarlem no século XVII
Haarlem no século XVII
Muíño de vento De Adriaan en Haarlem
Muíño de vento De Adriaan en Haarlem
2 images

A cidade é famosa polos seus moitos hofje, asilos construídos ao redor de patios, que eran principalmente hospicios de fundación privada para anciás solteiras. Hoxe en día quedan 19 en Haarlem, moitos abertos ao público durante fins de semana. Moitos deles seguen pertencendo ás fundacións orixinais, e aínda se usan para mulleres solteiras anciás.

  • Praza Grote Markt (Praza do Mercado Central), coa Casa do Concello, o Vleesha, o Hoofdwacht e o Grote ou Sint-Bavokerk. Aquí está a estatua de Cooster.
  • Catedral de San Bavo.

As principais visitas de interese son dous museos:

  • Museo Teylers (Teylers Museum). é o museo máis antigo dos Países Baixos. Está dedicado ás artes e as ciencias.
  • Museo Frans Hals (Frans Hals Museum99), adicado a obras de Frans Hals e outros pintores da Idade de Ouro da pintura holandesa.

Ademais, poden verse:

  • Muíño de vento De Adriaan.
  • A ponte da cidade, o Amsterdamse Poort.
  • A estación de ferrocarril de Haarlem, de estilo modernista.
  • Teatro De Toneelschuur.
  • A casa Corrie ten Boom.
  • Vila Welgelegen.
  • Os barrios Bosch e Vaart.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read next

In 98 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article