factograf
GL
Sign in

Fediverso

Fediverso

O fediverso (acrónimo de «federación» e «universo»), en inglés fediverse, é un conxunto de redes sociais e programas de software en internet que poden comunicarse entre si. As redes sociais federadas permiten ás persoas en diferentes redes sociais gustar, seguir e comentar nos perfís das outras.

Funcionamento

Similar ao correo electrónico, o fediverso non é propiedade dunha única persoa ou empresa. Calquera persoa ou empresa pode crear instancias de redes sociais no fediverso. E, de forma similar ao correo electrónico, estas instancias poden conectarse e comunicarse entre si. Por exemplo, o sitio de microblogging Mastodon gGmbH ten a instancia do fediverso "mastodon.social", e Gmail ten o enderezo de correo electrónico "gmail.com". Unha persoa en "mastodon.social" ten a identidade do fediverse "@usuario@mastodon.social", e unha persoa en "gmail.com" ten o enderezo de correo electrónico "usuario@gmail.com". Pero un usuario de "gmail.com" pode enviar un correo electrónico a alguén que use un provedor de correo electrónico diferente, como "hotmail.com". Do mesmo xeito, un usuario de "mastodon.social" pode comentar nunha publicación de alguén que use unha instancia diferente do fediverso, como "mozilla.social".

Protocolos empregados

Existe unha variedade de protocolos abertos utilizados no fediverso, como OStatus, o protocolo de Diaspora*, XMPP ou ActivityPub.

En febreiro de 2019, o W3C publicou como recomendación o protocolo ActivityPub.

Servizos de rede federada

Software do fediverso, e outras redes federadas, visualizadas nunha árbore.
Software do fediverso, e outras redes federadas, visualizadas nunha árbore.
Mascota do software Mastodon.
Mascota do software Mastodon.
2 images

Os diferentes programas do fediverso teñen diversos tipos de contido. Algúns son para imaxes, outros son para vídeos etc. O software do fediverse ten múltiples instancias. Algúns programas do fediverso, como Mastodon, teñen centos de instancias que poden conectarse entre si. Normalmente, as persoas poden usar o software de redes sociais federadas abrindo unha das instancias do software no seu navegador web (Google Chrome, Firefox, Edge...), usando aplicacións de teléfono intelixente ou usando unha aplicación web.

Software popular do fediverse
Servizo de rede Servizo de rede similar Instancias populares Operador da instancia Rexistro aberto
Mastodon Twitter mastodon.social Mastodon gGmbH, unha nonprofit alemá Si
mstdn.social “stux”, un usuario dos Países Baixos Si
Lemmy Reddit lemmy.world Ruud Schilders, dos Países Baixos Si
lemmy.ml Desenvolvedores de Lemmy Non
Kbin Reddit kbin.social Si
fedia.io Si
Misskey Twitter misskey.io MisskeyHQ, unha compañía xaponesa Si
misskey.design Si
PeerTube YouTube the.jokertv.eu Si
Pixelfed Instagram pixelfed.social Daniel Supernault, desenvolvedor principal de Pixelfed Si

Unión Europea

Debido ao éxito das plataformas do Fediverso da Unión Europea, EU Voice e EU Video, o seu financiamento foi prorrogado ao cabo do seu primeiro ano. 40 contas institucionais, comisarios europeos e deputados do Parlamento Europeo adheríronse.

Véxase tamén

----

 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Read next

In 38 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article