factograf
GL

Douglas DC-5

Douglas DC-5
All data from the card 1
Freebase
/m/02v9d_

O Douglas DC-5 é probablemente o menos coñecido da famosa serie DC de avións de pasaxe. Foi un aparello bimotor de entre 16 e 22 asentos para rutas máis curtas que as dos Douglas DC-3 e Douglas DC-4. Porén, no tempo que entrou no servizo comercial en 1940, moitas aeroliñas estaban cancelando pedidos de avións. Polo tanto só se fabricaron cinco DC-5 civís. Coa Douglas Aircraft Company volcándose xa na produción militar para a segunda guerra mundial, o DC-5 foi superado rapidamente polos acontecementos, aínda que se fabricaron unha cantidade limitada de versións militares.

Deseño e desenvolvemento

O Douglas Commercial Model 5 desenvolveuse en 1938 como un avión de pasaxeiros civil de 16-22 asentos, deseñado para usar tanto motores Pratt & Whitney R-1690 Hornet como Wright R-1820 Cyclone. Foi o primeiro avión de pasaxeiros en combinar "ás de ombro" (por riba da metade da fuselaxe) e tren de aterraxe en triciclo, unha configuración que aínda é común en avións turbohélice e transportes militares. O tren en triciclo foi unha innovación para os avións de transporte, xa que proporcionaba un mellor manexo e visibilidade en terra. A fuselaxe estaba a uns dous pés do chan polo que a carga de pasaxeiros e carga era máis doada que nos avións con tren convencional. Un dos primeiros cambios no deseño foi a alteración dos planos horizontais de cola para engadir un diedro de 15 graos co obxectivo de mellorar a estabilidade. Outra modificación significativa foi engadirlle escapes na carcasa do motor, que se aplicou retroactivamente despois de que a serie entrase en produción. Aplicouse un "truco óptico" pouco habitual ao perfil do prototipo. A parte superior do estabilizador vertical e o contorno das góndolas do motor pintáronse nunha cr máis escura seguindo o contorno do avión, facendo que a cola e os motores parecesen máis pequenos e o avión máis elegante.

Antes de que os Estados Unidos entrasen na segunda guerra mundial, foran fabricados un prototipo e catro unidades de produción.

Read next

In 29 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article