Clash Royale, tamén coñecido como CR é un videoxogo de estratexia en liña, para dispositivos móbiles con plataformas de IOS e Android. Lanzado o 2 de marzo de 2016 a nivel mundial, foi creado por Supercell, compañía de videoxogos con sede en Helsinqui, Finlandia. O xogo combina elementos dos xogos de cartas coleccionables e defensa de torres
O xogo foi lanzado para a plataforma iOS o 6 de marzo de 2016.
Desenvolvemento
O videoxogo foi lanzado en fase beta o 4 de xaneiro de 2016 no Canadá, Hong Kong, Australia, Suecia, Noruega, Dinamarca, Islandia, Finlandia e Nova Zelandia e para plataformas iOS. En febreiro de 2016 foi lanzado para Android nalgúns países sendo lanzado finalmente o 3 de marzo de 2016 para todo o mundo. Pronto, se converteu nun dos videoxogos máis populares ao nivel do seu predecesor Clash of Clans.
Recepción
Clash Royale recibiu principalmente críticas positivas. Eli Hodapp, de TouchArcade, cualificouno como «absolutamente fenomenal» e puntuouno con cinco estrelas sobre cinco. Harry Slater, revisor de Pocket Gamer, deulle un nove sobre dez, resumindo que é «é unha cantidade incrible de diversión gratificante, ás veces é mordaz, e hai contido aquí que te manterá ocupado durante semanas, se non meses». O escritor de Geek.com, James Plafke mencionou que «Clash Royale é realmente divertido, máis que Clash of Clans, mentres que o desenvolvedor interrompe cronicamente ao xogador para que non o gozo». O sitio web de recensións Metacritic valorouno con oitenta e seis puntos sobre cen. Por parte de Gamezebo, Jim Squires, comentou que «ten moita variedade de tropas» e «partidas multixogador rápidas, profundas e accesibles contra opoñentes en vivo», non obstante, «tes que esperar para abrir os cofres,aínda que ese sexa o propósito». Clash Royale recibiu unha resposta moi positiva por parte dos seu xogadores, cunha puntuación media de catro e dous sobre cinco en Google Play Store e App Store.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Blog oficial de Clash Royale
- Web oficial de Clash Royale en Inglés
- Clash Royale no YouTube
- Clash Royale no Reddit