![Mapa de diversidade de Accipitriformes (258 especies). O gradiente de cor (de claro a escuro) indica a riqueza en especies.[2]](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ea/Diversity_map_of_Accipitriformes.webp/960px-Diversity_map_of_Accipitriformes.webp)
| Accipitriformes Rango fósil: 50 Ma-0 Ma Eoceno-presente | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
No sentido das agullas do reloxo, desde arriba á esquerda: Haliaeetus leucocephalus, Circus cinereus, Clanga clanga, Harpia harpyja, Sagittarius serpentarius, Pandion haliaetus, Buteogallus schistaceus, Buteo galapagoensis, Gyps africanus (centro) | |||||||||
| Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Mapa de diversidade de Accipitriformes (258 especies). O gradiente de cor (de claro a escuro) indica a riqueza en especies.
| |||||||||
| Familias | |||||||||
| |||||||||
Os Accipitriformes (do latín accipiter/accipitri- "gabián", e o neolatín -formes "que teñen a forma de") son unha orde de aves que inclúe a maioría das aves de presa diúrnas, entre elas os gabiáns, aguias, voitres e miñatos, pero non os falcóns (que se clasifican como falconiformes).
Durante longo tempo a opinión maioritaria dos ornitólogos era incluílos xunto cos falcóns na orde Falconiformes, pero moitas autoridades agora recoñecen como orde separada a Accipitriformes. Un estudo de ADN publicado en 2008 indicou que os falcóns non están estreitamente relacionados cos Accipitriformes, senón que están máis próximos aos papagaios e paseriformes. Desde entón, adoptouse a separación en dúas ordes taxonómicas e a colocación dos falcóns próximos aos papagaios de acordo co Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC) e co Comité de Clasificación Suramericano (SAAC) da Sociedade Ornitolóxica Americana, así como co seu Comité de Clasificación Norteamericano (NACC),. A Unión de Ornotólogos Británicos xa recoñeceu como orde a Accipitriformes, e adoptou o movemento de Falconiformes. A proposta baseada no ADN e as clasificacións da IOC e NACC inclúen os voitres do Novo Mundo en Accipitriformes,, mentres que a SACC clasifícaos nunha orde separada, os Cathartiformes.
Características
Os Accipitriformes coñécense desde a metade do Eoceno[Cómpre referencia] e caracterízanse por ter un bico moi ganchudo cunha cera nos orificios nasais. As ás son longas e bastante anchas, axeitadas para o voo planado, coas catro plumas primarias externas emarxinadas.
Teñen fortes patas e pés con gadoupas raptoras e garras posteriores opoñibles. Case todos os Accipitriformes son carnívoros, cazando utilizando a vista durante o día ou ao solpor. Teñen unha duración da vida excepcionalmente longa e a maioría teñen baixas taxas reprodutivas.[Cómpre referencia]
As crías pasan por unha etapa longa para adquirir a plumaxe adulta pero de rápido crecemento, seguida de 3–8 semanas de coidados no niño despois de que fixeron o primeiro voo, e de 1 a 3 anos como adultos inmaturos. Os sexos teñen tamaños claramente diferentes e ás veces unha femia pesa o dobre que o macho. Este dimorfismo sexual é ás veces máis extremo en especies especializadas en cazar outras aves, como os Accipiter. A monogamia é a regra xeral, aínda que seleccionan unha parella alternativa se a outra morre.
Taxonomía
Accipitriformes, actualmente con 262 especies e 75 xéneros e 4 familias existentes e posiblemente 1 familia extinta, é a orde de aves de presa diúrnas máis grande. As análises de secuencias de ADN suxiren que as diverxencias dentro de Accipitriformes empezaron aproximadamente no límite Eoceno/Oligoceno hai uns 34 millóns de anos, cunha división do grupo que incluía os xéneros Elanus e Gampsonyx do resto de xéneros de Accipitriformes.
A orde inclúe as seguintes familias:
Orde Accipitriformes
- Accipitridae (voitres, aguias, gatafornelas, gabiáns, miñatos)
- Pandionidae (aguias peixeiras) (1 ou 2 especies)
- Cathartidae (voitres catártidos e cóndores)
- Sagittariidae (paxaro secretario)
- Posiblemente inclúe tamén as extinguidas Teratornithidae.
|
Sagittariidae | |||||||
|
| |||||||
Neoaves
Filoxenia baseada en Nagy, J. & Tökölyi, J. (2014).
Véxase tamén
Bibliografía
- Chesser, R. T.; Banks, R. C.; Barker, F. K.; Cicero, C.; Dunn, J. L.; Kratter, A. W.; Lovette, I. J.; Rasmussen, P. C.; Remsen, J. V. Jr.; Rising, J. D.; Stotz, D. F.; Winker, K. (2010). "Fifty-First Supplement to the American Ornithologists' Union Check-list of North American Birds" (PDF). The Auk 127 (3): 726–744. doi:10.1525/auk.2010.127.3.726.
- Chesser, R. Terry; Banks, Richard C.; Barker, F. Keith; Cicero, Carla; Dunn, Jon L.; Kratter, Andrew W.; Lovette, Irby J.; Rasmussen, Pamela C.; Remsen, J. V.; Rising, James D.; Stotz, Douglas F.; Winker, Kevin (2012). "Fifty-Third Supplement to the American Ornithologists' Union Check-List of North American Birds". The Auk 129 (3): 573–588. doi:10.1525/auk.2012.129.3.573. Texto completo en AOU, COPO, BioOne.
- Christidis, Les; Boles, Walter E. (2008). Systematics and Taxonomy of Australian Birds. CSIRO Publishing. ISBN 978-0-643-06511-6. Consultado o 2010-01-14. Inclúe unha revisión da literatura recente sobre a contoversia.
- Cramp, Stanley (1980). Handbook of the Birds of Europe, the Middle East and North Africa: The Birds of the Western Palearctic – Hawks to Bustards. Oxford University Press. pp. 3, 277. ISBN 978-0-19-857505-4.
- Dudley, S. P.; Gee, M.; Kehoe, C.; Melling, T. M. M. (2006). "The British List: A Checklist of Birds of Britain (7th edition)" (PDF). Ibis 148 (3): 526. doi:10.1111/j.1474-919X.2006.00603.x.
- Ferguson-Lees, James; Christie, David A. (2001). Raptors of the World. Illustrated by Kim Franklin, David Mead, and Philip Burton. Houghton Mifflin. ISBN 978-0-618-12762-7. Consultado o 2011-05-26.
- Gill, Frank; Donsker, D. "IOC World Bird List (version 2.4)". Worldbirdnames.org. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2010. Consultado o 2010-03-12.
- Hackett, Shannon J.; Kimball, Rebecca T.; Reddy, Sushma; Bowie, Rauri C. K.; Braun, Edward L.; Braun, Michael J.; Chojnowski, Jena L.; Cox, W. Andrew; Han, Kin-Lan; Harshman, John; Huddleston, Christopher J.; Marks, Ben D.; Miglia, Kathleen J.; Moore, William S.; Sheldon, Frederick H.; Steadman, David W.; Witt, Christopher C.; Yuri, Tamaki (2008). "A phylogenomic study of birds reveals their evolutionary history". Science 320 (5884): 1763–68. Bibcode:2008Sci...320.1763H. PMID 18583609. doi:10.1126/science.1157704.
- Gill, Frank; Donsker, D. (2014). "Updates". IOC World Bird List. Arquivado dende o orixinal o 2014-09-24. Consultado o 2014-09-30. Falconiformes foi resecuenciado na versión 4.1 (7 de xaneiro de 2014)
- Nores, Manuel; Barker, Keith; Remsen, Van (xullo de 2011). "Proposal (491) to South American Classification Committee: Change linear sequence of orders for Falconiformes, Psittaciformes, and Cariamiformes". Arquivado dende o orixinal o 2012-04-01. Consultado o 30 de setembro de 2014.
- Remsen, Van (novembro de 2008). "Proposal (383) to South American Classification Committee: Separate Accipitriformes from Falconiformes". Arquivado dende o orixinal o 2010-06-28. Consultado o 30 de setembro de 2014.
- Remsen, J. V. Jr.; Cadena, C. D.; Jaramillo, A.; Nores, M.; Pacheco, J. F.; Robbins, M. B.; Schulenberg, T. S.; Stiles, F. G.; Stotz, D. F.; Zimmer, K. J. "A classification of the bird species of South America (section "ACCIPITRIDAE (HAWKS) 3" note 1)". Versión 11 de decembro de 2008. American Ornithologists' Union. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2008. Consultado o 2010-05-26.
- Sangster, G.; Collinson, J. M.; Crochet, P. A.; Knox, A. G.; Parkin, D. T.; Votier, S. C. (2013). "Taxonomic recommendations for Western Palearctic birds: Ninth report". Ibis 155 (4): 898. doi:10.1111/ibi.12091.
- Voous, K. H. (1973). "List of Recent Holarctic Bird Species Non-Passerines". Ibis 115 (4): 612–638. doi:10.1111/j.1474-919X.1973.tb02004.x.
