factograf
GL
Sign in

xénero de aves

Larus

Larus

Key facts

instancia detaxon
nome do taxonLarus
categoría taxonómicaxénero
descrito pola fonteMeyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890)
All data from the card 6
Freebase
/m/01gl33
OpenAlex
C2781119296
ITIS
176803
OTT
887695
CoL
62XFH
EOL
45509285

Larus é un xénero de aves acuáticas da orde dos caradriformes, suborde dos laros, que é o tipo da suborde e da familia dos láridos

Comprende numerosas especies coñecidas vulgarmente en galego como gaivotas ou gavotas,

Son aves mariñas de mediano a gran porte, tipicamente de plumaxe gris, negra ou branca, frecuentemente con marcas negras na cabeza ou nas ás, e que teñen as patas palmadas, distribuídas por todo o mundo. Moitas delas son aves abundantes e moi coñecidas nas súas respectivas áreas de distribución.

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito en 1758 por Linnaeus na páxina 136 da 10ª edición do seu Systema naturae.

Etimoloxía

O nome científico Larus provén do grego antigo λάῥος láros, "gaivota" (ou talvez outra ave mariña grande).

Nota taxonómica

Durante moito tempo a maioría das gaivotas situáronse neste xénero, incluso ao longo do século XX. Este sistema predominou até principios do século XXI: nos anos 2005-2007 coñeceuse que esta agrupación era polifilética.

En 2005 un estudo de filoxenia molecular realizado por primeira vez sobre todas as especies recoñecidas de gaivotas (53 especies) demostrou que o xénero Larus así concibido non era monofilético. Confirmando as conclusións de dous estudos anteriores, un sobre morfoloxía, e o outro sobre caracteres moleculares, avogaron pola disociación de Larus en seis xéneros:

  • Chroicocephalus (11 especies)
  • Hydrocoloeus (2 especies)
  • Ichthyaetus (6 especies)
  • Larus (máis de 20 especies)
  • Leucophaeus (5 especies)
  • Saundersilarus (1 especie).

Algunhas destas recomendacións foron inmediatamente aceptadas pola comunidade científica internacional. Porén, algunhas aínda son obxecto de debate.

Especies

Na actualidade recoñécense as 24 especies seguintes:

En Galicia

En Galicia pódense ver 15 especies, segundo Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira López, ou 13, segundo Estanislao Fernández de la Cigoña, moitas delas presentes todo o ano e outras de presenza accidental.

Galería de imaxes

Larus armenicus
Larus armenicus
Larus cachinnans
Larus cachinnans
Larus delawarensis
Larus delawarensis
Larus hyperboreus
Larus hyperboreus
4 images

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Read next

In 58 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article