factograf
GL

Xiamen

Xiamen

Key facts

poboación5.163.970
superficie1.699km²
instancia decidade-provincia, prefectura con nível de cidade, cidade grande
paísRepública Popular da China
situado na unidade administrativaFujian
descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947)
All data from the card 4
Código postal
361000
OpenStreetMap
3242930
VIAF
151280758
Freebase
/m/0126c3

Xiamen (en chinés tradicional: 廈門; en chinés simplificado: 厦门; pinyin: Xiàmén) é unha cidade costeira da provincia de Fukien, localizada na illa de Xiamen, na illa de Gulangyu e unha parte da costa continental chinesa. A lingua local é o hokkien, aínda que o mandarín tamén se utiliza amplamente na cidade. Ten 4,11 millóns de habitantes (2018). Amoy é o nome co que se coñece a cidade en Occidente.

Historia

No ano 282 o lugar converteuse no distrito de Tong'an (同安縣), unha subentidade da Prefectura de Jin'an (晉安郡). En 1387, o Imperio Ming usouna como base contra dos piratas. En 1541 Xiamen foi o primeiro porto comercial chinés utilizado polos europeos. No ano 1650 o pirata Koxinga estableceuse aquí, denominándoa Illa de Siming (思明洲), en 1680 os manchús déronlle o seu actual nome. Xiamen foi un dos cinco portos chineses abertos polo Tratado de Nanking (1842) e converteuse no primeiro exportador de té, como resultado o dialecto da cidade tivo unha grande influencia no léxico que as linguas europeas tomaron da China, como té ou ketchup. En 1980 converteuse nunha Zona Económica Especial.
No ano 2000, descubriuse na cidade o caso de corrupción na China, implicando a 200 funcionarios.

Cidades irmandadas

Read next

In 75 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article