
Un triciclo (de tri, tres e do grego κύκλος, círculo, roda) é un vehículo de tres rodas, xeralmente impulsado por forza humana. Tamén entran na categoría os triciclos motorizados que son moi similares a unha motocicleta. Polo común os automóbiles con tres rodas non se denominan triciclos.
Son amplamente coñecidos os triciclos para nenos, xa que adoitan ser o primeiro vehículo de moitos pequenos debido á súa estabilidade, potencial de diversión e prezo. Polo xeral os pedais que o impulsan atópanse na roda dianteira, se ben algúns posúen piñóns e cadea similar ao da bicicleta impulsando as rodas traseiras.
O primeiro triciclo foi construído en 1655 ou 1680 por un parapléxico alemán chamado Stephan Farffler, que vivía preto de Nürnberg. Farffler era un reloxeiro e o seu triciclo tiña engrenaxes e manivelas que lle permitían moverse sen necesidade de usar as súas pernas.
Véxase tamén
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
