factograf
GL

lingua indoeuropea de Grecia, Chipre, Albania, outras partes do leste do mar Mediterráneo e o mar Negro

Lingua grega

Lingua grega

Key facts

instancia delingua natural, lingua viva, familia lingüística
paísGrecia
descrito pola fonteDictionary of Biblical Criticism and Interpretation (2007 ed.)
All data from the card 3
Freebase
/m/0349s
IETF
grk
OpenAlex
C2994462464

A lingua grega (en grego moderno: ελληνικά, elliniká, e en grego antigo: Ἑλληνική, hellēnikḗ) é unha lingua indoeuropea, que constitúe unha rama helénica independente dentro da familia de linguas indoeuropeas. É orixinaria de Grecia, Chipre, Italia (en Calabria e Salento), o sur de Albania e outras rexións dos Balcáns, o Cáucaso, a costa do mar Negro, Asia Menor e o Mediterráneo oriental. Ten a historia documentada máis longa de calquera lingua indoeuropea, a cal abrangue 3 400 anos de rexistro escrito. O seu sistema de escrita é o alfabeto grego, que foi usado durante 2 000 anos; anteriormente, utilizou sistemas de escrita como o lineal B e o silabario chipriota. O alfabeto grego xurdiu do alfabeto fenicio, e á súa vez foi a base do alfabeto latino, cirílico, armenio, copto e gótico, entre outros sistemas de escrita.

A lingua grega ocupa un importante lugar na historia do mundo occidental. Comezando cos poemas épicos de Homero, a literatura grega antiga inclúe moitas obras de importancia para o canon europeo. O grego tamén é a lingua de moitos textos fundacionais da ciencia e da filosofía. O Novo Testamento da Biblia cristiá tamén foi escrito en grego. Xunto cos textos en latín e as tradicións do mundo romano, o estudo dos textos e da sociedade grega da antigüidade constitúen a disciplina dos estudos clásicos.

Durante a antigüidade, o grego era falado como lingua franca no mundo Mediterráneo. Posteriormente converteríase na lingua do Imperio Bizantino e evolucionou no grego medieval. Na súa forma moderna, o grego é a lingua oficial de Grecia e Chipre, e é unha das 24 linguas oficiais da Unión Europea. É falado por, cando menos, 13,5 millóns de persoas en Grecia, Chipre, Italia, Albania, Turquía e pola diáspora grega.

As raíces lingüísticas gregas son empregadas a miúdo para crear novas palabras noutras linguas, e o grego e o latín son as fontes predominantes para o vocabulario científico internacional.

Historia

Área do protogrego de acordo do lingüista Vladimir I. Georgiev.
Área do protogrego de acordo do lingüista Vladimir I. Georgiev.
Distribución das variedades do grego en Anatolia, 1910. Demótico en amarelo. Póntico en laranxa. Grego capadocio en verde, cos puntos verdes sinalando as vilas gregas capadocias.
Distribución das variedades do grego en Anatolia, 1910. Demótico en amarelo. Póntico en laranxa. Grego capadocio en verde, cos puntos verdes sinalando as vilas gregas capadocias.
Distribución das principais áreas dialectais do grego moderno.
Distribución das principais áreas dialectais do grego moderno.
3 images
Artigo principal: Histora da lingua grega.
Historia da
lingua grega

(ver tamén: alfabeto grego)
Protogrego (c. –2000)
Micénico (c. -1600–-1100)
Grego antigo (c. –800–-300)
Dialectos:
Eolio, Arcadochipriota, Ático,
Dórico, Macedonio, Xónico
Koiné (desde c. -300)
Grego bizantino (c. -330–1453)
Grego moderno (desde 1453)
Dialectos:
Capadocio, Chipriota,
Demótico, Griko, Katharevousa,
Póntico, Tsakonio, Ievánico

O grego foi falado na península dos Balcáns dende o terceiro milenio a.C., ou posiblemente mesmo antes. A evidencia escrita máis antiga é unha táboa de barro en lineal B atopada en Mesenia e que data do 1450 ó 1350 a.C., convertendo o grego na lingua viva co rexistro histórico máis antigo. Entre as linguas indoeuropeas, a súa data do rexistro escrito máis antiga só coincide coas hoxe extintas linguas anatólicas.

Períodos

A historia da lingua grega divídese polo xeral nos seguintes períodos:

  • Grego medieval, tamén coñecido como grego bizantino: a continuación do grego koiné ata a desaparición do Imperio Bizantino no século XV. O grego medieval é un termo que abrangue un continuo lingüístico de diferentes falas e estilos de escrita, as cales van dende as continuacións vernáculas do koiné falado que xa se estaban ahegando ó grego moderno en moitos aspectos, a formas moi aprendidas que imitan o ático clásico. Gran parte do grego escrito que se utilizou como lingua oficial do Imperio Bizantino era unha variedade ecléctica de termo medio baseada na tradición do koiné escrito.
  • Grego moderno (neohelénico): A partir do grego medieval, os usos do grego moderno remóntanse ó período bizantino, xa no século XI. É o idioma empregado polos gregos modernos e, ademais do grego moderno estándar, abrangue varios dialectos.
Grego moderno Grego antigo
1 Στην αρχή ήταν ο Λόγος, και ο Λόγος ήταν μαζί με τον Θεό, και ο Λόγος ήταν Θεός. 1 Ἐν ἀρχῇ ἦν ὁ Λόγος, καὶ ὁ Λόγος ἦν πρὸς τὸν Θεόν, καὶ Θεὸς ἦν ὁ Λόγος.
/stin ar'çi 'itan o 'loɣos ke o 'loɣos 'itan ma'zi me ton θe'o ke o 'loɣos 'itan θe'os/ /en arkʰέì έὲn ho lógos kaí ho lógos έὲn prós tón tʰeón kaí tʰeón έὲn ho lógos/
2 Αυτός ήταν στην αρχή μαζί με τον Θεό. 2 Οὗτος ἦν ἐν ἀρχῇ πρὸς τὸν Θεόν.
/af'tos 'itan stin ar'çi me ton θe'o/ /hóòtos έὲn en arkʰέì prós tón tʰeon/
1 Ao principio era o Verbo e o Verbo era Deus.
2 Estaba ao principio con Deus.

Diglosia

Artigo principal: Cuestión lingüística grega.

Na era moderna, a lingua grega entrou nun estado de diglosia: a coexistencia de formas escritas vernáculas e arcaizantes da lingua. O que chegou a coñecerse como a cuestión lingüística grega foi unha polarización entre dúas variedades competidoras do grego moderno: o demótico, a forma vernácula do grego moderno, e o katharevousa, que quere dicir 'purificado', unha variedade a medio camiño entre o demótico e o grego antigo que foi desenvolvida no século XIX e que foi usado na literatura e con motivos oficiais polo novo estado grego. En 1976, o demótico foi declarado a lingua oficial de Grecia, logo de ter incorporado trazos do katharevousa e de crearse o grego moderno estándar, o cal é o usado de maneira oficial polo estado e na educación.

Unidade histórica

A unidade histórica e a continuidade da identidade lingüística entre os diferentes períodos da lingua grega son unha das súas principais características. Malia que o grego sufriu transformacións morfolóxicas e fonolóxicas comparables ás doutras linguas, dende a antigüidade clásica, a súa tradición cultural, literaria e ortográfica nunca se viu interrompida, até o punto de que se poida falar dunha nova lingua emerxente. Os falantes de grego hoxe en día aínda tenden a considerar as obras literarias do grego antigo como parte da súa propia lingua e non como unha lingua allea. Tamén se adoita afirmar que os cambios históricos foron relativamente leves en comparanza con outras linguas. Segundo unha estimación, "grego homérico está probablemente máis achegado ó demótico que o inglés medio do século XII respecto do inglés moderno falado".

Distribución xeográfica

Distribución xeográfica do idioma grego no Imperio ruso (censo de 1897)
Distribución xeográfica do idioma grego no Imperio ruso (censo de 1897)
Véxase tamén: Pobo grego.

O grego fálano hoxe en día polo menos 13 millóns de persoas, principalmente en Grecia e Chipre, xunto cunha considerable minoría de fala grega en Albania preto da fronteira grecoalbanesa. Unha porcentaxe significativa da poboación de Albania ten coñecementos de grego debido, en parte, á onda de inmigración albanesa a Grecia nos anos 80 e 90 e á comunidade grega no país. Antes da guerra greco-turca e o conseguinte intercambio de poboación en 1923, tamén existía unha gran poboación de falantes de grego en Turquía, aínda que hoxe en día quedan moi poucos. Tamén hai unha pequena comunidade de fala grega en Bulgaria, preto da fronteira entre Grecia e Bulgaria. O grego tamén o fala en todo o mundo a considerable diáspora grega, que conta con importantes comunidades nos Estados Unidos, Australia, Canadá, Suráfrica, Chile, |Brasil, Arxentina, Rusia, Ucraína, Reino Unido, e en toda a Unión Europea, especialmente en Alemaña.

Historicamente, atopáronse importantes comunidades e rexións de fala grega en todo o Mediterráneo oriental, no que hoxe son Italia meridional, Turquía, Chipre, Siria, Líbano, Israel, Palestina, Exipto, e Libia; na zona do mar Negro, no que hoxe son Turquía, Bulgaria, Romanía, Ucraína, Rusia, Xeorxia, Armenia e Acerbaixán; e, en menor medida, no Mediterráneo occidental, en e ao redor de colonias gregas como Massalia, Monóikos e Mainake. Tamén se utilizou como lingua oficial do goberno e a relixión nos reinos cristiáns de Nubia, durante a maior parte da súa historia.

Status oficial

O grego, na súa forma moderna, é a lingua oficial de Grecia, onde é falado por case toda a poboación. Tamén é a lingua oficial de Chipre (nominalmente xunto co turco) e o Territorio Británico de Ultramar de Akrotiri e Dhekelia (xunto co inglés). Debido á pertenza de Grecia e Chipre á Unión Europea, o grego é unha das 24 linguas oficiais da organización. O grego é recoñecido como lingua minoritaria en Albania, e úsase cooficialmente nalgúns dos seus municipios, nos distritos de Gjirokastër e Sarandë. Tamén é unha lingua minoritaria oficial nas rexións de Apulia e Calabria en Italia. No marco da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, o grego está protexido e promovido oficialmente como lingua rexional e minoritaria en Armenia, Hungría, Romanía e Ucraína. Está recoñecida como lingua minoritaria e protexida en Turquía polo Tratado de Lausana de 1923.

Características

A fonoloxía, a morfoloxía, a sintaxe e o vocabulario da lingua mostran tendencias tanto conservadoras como innovadoras ao longo de toda a historia da lingua, desde a antigüidade até a época moderna. A división en períodos convencionais é, como ocorre con todas as periodizacións, relativamente arbitraria, sobre todo porque, en todos os períodos, o grego antigo gozou dun gran prestixio e os literatos tomaron prestados moitos elementos del.

Fonoloxía

Ao longo da súa historia, a estrutura silábica do grego variou pouco: o grego presenta unha estrutura silábica mixta, que permite inicios silábicos complexos, pero codas moi restrinxidas. Só ten vogais orais e un conxunto bastante estable de contrastes consonánticos. Os principais cambios fonolóxicos producíronse durante o período helenístico e romano (véxase fonoloxía do grego koiné (en) para máis detalles):

  • substitución do acento tonal por un acento tónico.
  • simplificación do sistema de vogais e ditongos: perda da distinción da lonxitude das vocais, monoftongización da maioría dos ditongos e varios pasos nunha cadea de cambios de vogais cara a /i/ (iotacismo).
  • desenvolvemento das oclusivas aspiradas sordas

desenvolvemento das oclusivas silenciosas aspiradas /pʰ/ e /tʰ/ ás fricativas /f/ e /θ/, respectivamente; o desenvolvemento similar da /kʰ/ /x/ pode ter lugar máis tarde (os cambios fonolóxicos non se reflicten na ortografía, e tanto as fonemas anteriores como os posteriores se escriben con φ, θ e χ).

  • desenvolvemento das oclusivas sonoras /b/, /d/ e /ɡ/ ás súas equivalentes fricativas sonoras /β/ (máis tarde /v/), /ð/ e /ɣ/.

Morfoloxía

En todas as súas etapas, a morfolóxica do grego mostra un amplo conxunto produtivo de afixos derivativos, un sistema de composición limitado pero produtivo e un rico sistema flexivo. Aínda que as súas categorías morfolóxicas mantivéronse bastante estables ao longo do tempo, obsérvanse cambios morfolóxicos en todo o idioma, especialmente nos sistemas nominal e verbal. O cambio máis importante na morfología nominal desde a etapa clásica foi o desuso do caso dativo (as súas funcións foron asumidas en gran medida polo xenitivo). O sistema verbal perdiu o infinitivo, o futuro formado sintéticamente, os tempos perfectos e o modo optativo. Moitos foron substituídos por formas perifrásticas (analíticas).

Substantivos e adxectivos

Os pronomes amosan distincións gramaticais na persoa (1ª, 2ª e 3ª), no número (singular, dual e plural na lingua antiga; singular e plural só en etapas posteriores), e no xénero (masculino, feminino e neutro), e declinación para o caso gramatical (desde seis casos nas formas máis antigas atestadas ata catro na lingua moderna). Os substantivos, os artigos e os adxectivos mostran todas as distincións agás a persoa. Tanto os adxectivos atributivos como os predicativos concordan co substantivo.

Escritura e pronunciación

O grego moderno escríbese cun alfabeto de vinte e catro letras, herdado do inicio do período arcaico (século VIII antes da nosa era). Cada letra correspondía ao principio a un son diferente (con ambigüidades, principalmente no caso das vogais), pero en grego moderno a pronunciación evolucionou, e varias letras ou grupos de letras se pronuncian da mesma maneira, cousa que fai que a súa ortografía sexa tan complexa como a do francés, por exemplo (oír unha palabra non é a miúdo suficiente para poder escribila: por exemplo, existen cinco grafías para o son «i», en razón do iotacismo). A táboa inferior dá a pronunciación das letras. O acento agudo (ou recto, segundo os tipos de letra) marca o acento tónico, en letra grosa na transcrición.

O grego moderno segue regras de sandhi tanto internes como externas. Por exemplo, un /n/ final adapta o seu punto de articulación á consoante inicial da palabra que segue (ante unha velar, pasa a [ŋ]; en posición final dalgunhas palabras gramaticais como την, τον, δεν, desaparece ante unha fricativa; sonoriza unha oclusiva xorda que o segue e pode impedir que unha sonora se espirantice, as asimilacións poden ser progresivas: τον πατέρα [tɔm ba'tεɾa]).

Letra Nome Pronunciación
Α α άλφα (alpha) /a/
Β β βήτα (vita) /v/ do francés “voiture”
Γ γ γάμμα (ghama) ante os sons /a/, /o/ e /u/ (), /ɣ/ próxima do r francés de rien pero velar e non uvular; ante os sons /i/ e /ɛ/, iode /j/ como o i de Noia.
Δ δ δέλτα (dhelta) /ð/ th inglés de «this»
Ε ε έψιλον (epsilon) /ɛ/de apertura intermedia
Ζ ζ ζήτα (zita) /z/
Η η ήτα (ita) /i/
Θ θ θήτα (thita) /θ/, th inglés de «to think»
Ι ι γιώτα (iota) /i/
Κ κ κάππα (kapa) /k/
Λ λ λάμδα (lamdha) /l/
Μ μ μυ (mi) /m/
Ν ν νυ (ni) /n/
Ξ ξ ξι (ksi) /ks/ como o x de sexo (en xeral: ξέρω /'ksɛrɔ/ «eu sei») ou /gz/ como o x de exame (tras n: δεν ξέρω = /ðɛŋg'zɛrɔ/ podendo chegar ata /ðɛg-/ = «eu non sei»)
Ο ο όμικρον (omicron) /ɔ/
Π π πι (pi) /p/
Ρ ρ ρω (ro) /ɾ/ (mono)vibrante (italiano Roma, galego cara)
Σ σ/ς σίγμα (sighma) /s/ alveolar (/z/ ante consoante sonora: σβέλτος, σμάλτο /sv-, sm-/ «esvelto, esmalte»)
Τ τ ταυ (taf) /t/
Υ υ ύψιλον (ipsilon) /i/, agás como segundo elemento de ditongo: ου pronúnciase /u/ como en “música”, αυ e ευ pronúncianse respectivamente /af/ e /ɛf/ ou /av/ e /ɛv/ (segundo que o son que siga sexa sonoro ou non: αυτό = /af'tɔ/ = «iso», αύριο = /'avriɔ/ = «mañá»)
Φ φ φι (fi) /f/
Χ χ χι (chi) /ç/: ch alemán de ich ante os sons /i/ e /ɛ/ (un iode /j/ non sonoro); /x/: ch alemán de ach ante os sons /a/ e /u/ (versión non sonora do /ɣ/)
Ψ ψ ψι (psi) /ps/ como en psicoloxía
Ω ω ωμέγα (omegha) /ɔ/

Ademais, algúns grupos de letras que forman dígrafos teñen unha pronunciación especial:

Letras Pronunciación
αι como ε: /ɛ/
γγ e γκ /g-/ en inicial, /-ng-/ [-ŋɡ-] noutras posicións
ει, οι, υι como ι, υ, η: /i/
μπ /b-, -mb-/ como en bar (que en grego se escribe μπαρ…)
ντ /d-, -nd-/ como en demo
ου /u/ como en cu
τσ /ʦ/ (africada) pero alveolar
τζ /ʣ/ (africada) pero alveolar
λι + V /ʎ/ como en galego solla

Exemplos

Palabra Transcrición Significado
αίμα èma ‘sangue’ (pensar en «hematoma», «hematoloxía»)
καλοριφέρ kalorifèr ‘radiador’:-)
είναι inè ‘el/ela é’ ou ‘eles/elas son’
μπαρμπάς barbas ‘tío’
εντάξη èndaksi 'de acordo'

Gramática

O grego moderno é unha lingua con declinacións (como o alemán, por exemplo): a terminación das palabras cambia segundo a función da palabra na frase. Mesmo os nomes propios se declinan: por exemplo, dirase ο Φίλιππος έφυγε (o Phílippos éfiye: «Filipe marchou»), βλέπω τον Φίλιππο (vlépo ton Phílippo: «Vexo a Filipe»), είναι το σπίτι του Φίλιππου (íne to spíti tou Phílippou: «é a casa de Filipe»).

Ademais, o grego distingue dous aspectos para cada verbo, marcados cada un por unha forma distinta: unha forma continua (calcada sobre o presente) e unha forma instantánea (calcada sobre o pasado, chamado aoristo). Esta diferenza é moi viva e vólvese atopar no futuro e no subxuntivo. Un Grego non ha confundir θα τον δω (tha ton dho) e θα τον βλέπω (tha ton vlépo): os dous significan «eu vereino», pero o primeiro sobreentende «unha vez» mentres que o segundo significa «continuamente».

Léxico

O grego moderno conserva moito léxico herdado do grego antigo, pero tomou prestadas tamén moitas palabras do latín, do turco, e, máis modernamente do francés e do inglés.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Antecedentes xerais

  • Greek Language, Columbia Electronic Encyclopedia.(en inglés)
  • A Porta da Lingua e a Lingüística Gregas, información útil sobre a historia da lingua grega, a aplicación da lingüística moderna ao estudo do grego e ferramentas para a aprendizaxe do grego.(en inglés)
  • Universidade Aristóteles de Tesalónica, O Portal da Lingua Grega, un portal para a educación en lingua e lingüística grega. (en inglés)
  • O Proxecto Perseus ten moitas páxinas útiles para o estudo das linguas e literaturas clásicas, incluíndo dicionarios.(en inglés)
  • Titoriais de grego antigo, Centro de Linguas de Berkeley da Universidade de California, Berkeley (en inglés)

Read next

In 226 languages

glаԥсшәаадыгабзэAfrikaansAlemannischአማርኛaragonésÆngliscअंगिकाالعربيةܐܪܡܝܐالدارجةمصرىঅসমীয়াasturianuаварazərbaycancaتۆرکجهбашҡортсаBasa BaliBoarischžemaitėškaBikol Centralбеларуская (тарашкевіца)беларускаябългарскиभोजपुरीবাংলাབོད་ཡིགbrezhonegbosanskiBatak Mandailingбуряадcatalà閩東語 / Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄нохчийнCebuanoکوردیqırımtatarcačeštinaсловѣньскъ / ⰔⰎⰑⰂⰡⰐⰠⰔⰍⰟчӑвашлаCymraegdanskDeutschZazakidolnoserbskiΕλληνικάemiliàn e rumagnòlEnglishEsperantoespañoleestieuskaraestremeñuفارسیsuomivõroføroysktfrançaisNordfriiskfurlanFryskGaeilge贛語kriyòl gwiyannenGàidhligAvañe'ẽGaelg客家語 / Hak-kâ-ngîHawaiʻiעבריתहिन्दीFiji HindihrvatskihornjoserbscemagyarհայերենԱրեւմտահայերէնinterlinguaJaku IbanBahasa IndonesiaIlokanoгӀалгӀайIdoíslenskamedžuslovjanskyitaliano日本語Patoisla .lojban.JawaქართულიQaraqalpaqshaKabɩyɛTyapKumoringқазақшаភាសាខ្មែរಕನ್ನಡ한국어перем комиکٲشُرkurdîкомиkernowekкыргызчаLatinaLadinoLëtzebuergeschлезгиLingua Franca NovaLimburgsLigureLadinlombardlingálaລາວlietuviųlatviešuMadhurâमगहीमैथिलीмокшеньMalagasyолык марийMāoriMinangkabauмакедонскиമലയാളംмонголꯃꯤꯇꯩ ꯂꯣꯟमराठीBahasa MelayuMaltiမြန်မာဘာသာэрзяньمازِرونیNāhuatlNedersaksiesPlattdüütschनेपालीनेपाल भाषाNederlandsnorsk nynorsknorskNovialChi-ChewaoccitanlivvinkarjalaOromooଓଡ଼ିଆиронਪੰਜਾਬੀKapampanganPapiamentuPicardpolskiPiemontèisپنجابیΠοντιακάپښتوportuguêsRuna SimiromânăрусскийрусиньскыйIkinyarwandaसंस्कृतम्саха тылаᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤsardusicilianuScotsسنڌيdavvisámegiellasrpskohrvatski / српскохрватскиTaclḥitසිංහලSimple EnglishslovenčinaسرائیکیslovenščinaGagana SamoachiShonashqipсрпски / srpskiSesothoSeelterskSundasvenskaKiswahiliślůnskiதமிழ்తెలుగుтоҷикӣไทยTürkmençeTagalogtolışitoki ponaTok PisinTürkçeтатарча / tatarçaудмуртئۇيغۇرچە / Uyghurcheукраїнськаاردوoʻzbekcha / ўзбекчаvènetovepsän kel’Tiếng ViệtWest-VlamsVolapükWinaray吴语მარგალურიייִדישYorùbáZeêuwsⵜⴰⵎⴰⵣⵉⵖⵜ ⵜⴰⵏⴰⵡⴰⵢⵜ文言閩南語 / Bân-lâm-gí粵語中文isiZulu

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article