factograf
GL
Sign in

Tenzing Norgay

Tenzing Norgay

Key facts

data de nacemento29 de maio de 1914
data de falecemento9 de maio de 1986
ocupaciónexplorador, guía de montaña, autobiógrafo
lugar de falecementoDarjeeling
All data from the card 11
Nacemento
(bo) Namgyal Wangdi 1 de maio de 1914 ↔ 31 de maio de 1914 Tengboche
Morte
9 de maio de 1986 (71 anos)Darjeeling
Causa da morte
hemorraxia cerebral
Lugar de sepultura
Himalayan Mountaineering Institute (en)
Relixión
Budismo tibetano
Campo de traballo
Himalayan mountaineering (en)
Ocupación
explorador, autobiógrafo, guía de montaña, montañista
Compañeiro profesional
Raymond Lambert (pt)
Deporte
alpinismo
Cónxuxe
Dawa Phuti (1935–)Ang Lahmu Dakku
Fillos
Jamling Tenzing Norgay () Dakku
Monumento a Tenzing Norgay
Monumento a Tenzing Norgay

Tenzing Norgay, guía, Sherpa (Solu Khumbu, Nepal, 15 de maio (?) de 1914 - Katmandú,† Nepal, 9 de maio de 1986), foi o primeiro en subir ao Everest, xunto con Sir Edmund Hillary, Norgay significa "Afortunado".

A primeira vez que foi profesionalmente á montaña foi en 1936, coa expedición de E. Shipton ao Garhwal. Posteriormente tomou parte na expedición británica ao Everest en 1938, ao Nanga Parbat (1950), Nanda Devi cos franceses (1951) e dúas expedicións suízas ao Everest (1952) dirixidas por Raymond Lambert, que serían os primeiros intentos serios de subir ao Everest polo lado nepalí. Nesta última expedición, Tenzing Norgay chegou por primeira vez aos 8.599 m, altura nunca lograda ata entón.

Fíxose famoso cando, ás 11:30 da mañá do 29 de maio de 1953, coroou o Everest xunto con Sir Edmund Hillary, formando parte da expedición británica que dirixía Sir John Hunt.

En 1978 fundou unha empresa dedicada a ofrecer servizos aos numerosos alpinistas e excursionistas que visitaban Nepal.

Casou tres veces, a súa primeira muller morreu nova. Con ela tivo un fillo, que morreu sendo un neno, e dúas fillas, Nima e Pem Pem. A segunda muller foi Ang Lahmu. Tomou unha terceira esposa cando a segunda aínda vivía, cousa permitida polos costumes sherpas, e tivo un terceiro fillo.

O seu fillo Jamling Tenzing Norgay continuou a tradición, e subiu ao Everest en 1996.

Read next

In 94 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article