factograf
GL
Sign in

Edmund Hillary

Edmund Hillary

Key facts

data de nacemento20 de xullo de 1919
data de falecemento11 de xaneiro de 2008
educado enAuckland Grammar School
ocupaciónexplorador, filántropo, apicultor
lugar de nacementoAuckland
lugar de falecementoAuckland
All data from the card 12
Nacemento
20 de xullo de 1919 Auckland
Morte
11 de xaneiro de 2008 (88 anos)Auckland
Causa da morte
infarto agudo de miocardio
Lugar de sepultura
Golfo de Hauraki (pt)
Educación
Auckland Grammar School Universidade de Auckland
Ocupación
explorador, diplomático, autobiógrafo, apicultor, filántropo, montañista
Participou no conflito
Segunda Guerra Mundial
Deporte
alpinismo
Cónxuxe
June Hillary (1989–2008)Louise Mary Rose (1953–1975)
Fillos
Peter Hillary () Sarah Hillary ()
Pais
Percival Augustus Hillary e Gertrude Clark
Descrito pola fonte
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Хиллари Эдмунд)

Edmund Percival Hillary, nado en Auckland o 20 de xullo de 1919 e finado o 11 de xaneiro de 2008, foi un alpinista e explorador neozelandés, famoso por ser o primeiro que completou con éxito unha ascensión ó Everest. Alcanzou o cumio situado a uns 8.850 metros no 29 de maio de 1953 acompañado do sherpa Tenzing Norgay. É o único neozelandés vivo que aparece nun billete de banco.

Traxectoria

Nado ó sur de Auckland, Hillary acudiu á Auckland Grammar School, unha escola que se atopaba a dúas horas de camiño. O xove Hillary adoitaba pasar estas horas de camiño lendo. Medrou sendo un neno tímido que buscou refuxio nos libros. Aos 16 anos espertou o seu interese pola escalada tras unha excursión escolar a Ruapehu.

Durante a segunda guerra mundial foi membro da aviación neozelandesa. Formou parte dunha expedición ao Everest en 1951 que resultou un fracaso antes de unirse en 1953 á exitosa expedición británica. Escalou outros 10 picos no Himalaia en posteriores visitas en 1956, 1960, 1961, 1963 e 1965. Tamén alcanzou o Polo Sur formando parte da Expedición transártica da Commonwealth o 4 de xaneiro de 1958.

Hillary perdeu á súa esposa Louise e á súa filla Belinda nun accidente de aviación acontecido no Nepal. Máis tarde casou con June Mulgrew. O seu fillo Peter Hillary é tamén un aventureiro e ten escalado o Everest dúas veces.

Activismo

Ven dedicando gran parte da súa vida en axudar ao pobo Sherpa do Nepal a través dunha fundación á que dedicou as súas enerxías. Grazas a esta fundación téñense construído escolas e hospitais nas remotas rexións do Himalaia. Durante a década dos 80 foi o Alto Comisionado de Nova Zelandia para a India, equivalente ó cargo de embaixador.

Con ocasión da celebración do 50 aniversario da primeira ascensión ao Everest, o goberno do Nepal nomeou cidadán de honor a Edmund Hillary e lle concedeu unha celebración especial que se celebrou en Katmandú. Hillary é o primeiro estranxeiro que recibe un honor deste tipo do pobo nepalí.

Read next

In 122 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article