factograf
GL

TRIZ

A TRIZ (acrónimo da expresión rusa Teória Rechénia Izobretátelskih Zadátchi, Teoría da resolución de problemas inventivos) foi formulada polo pensador G. Altshuller a partir da década de 1970. Segundo Altshuller, problemas inventivos son aqueles que conteñen contradicións.

Na definición de Savransky (2000): "TRIZ é unha metodoloxía sistemática, orientada ao ser humano, baseada en coñecemento, para a solución inventiva de problemas".

A TRIZ é baseada en coñecemento porque:

  • contén heurísticas para a solución de problemas, cuxas fontes orixinais de informacións son patentes;
  • fai uso de efectos descubertos nas ciencias naturais e na enxeñaría para a solución de problemas;
  • orienta o levantamento e utilización de coñecementos referentes ao dominio do problema específico a ser solucionado.

A TRIZ está orientada ao ser humano porque as súas heurísticas son para uso humano, non computacional. A TRIZ é especialmente eficaz na solución conceptual de problemas, na cal, polo menos coa tecnoloxía actual, o computador non consegue competir co cerebro humano.

A TRIZ é sistemática porque:

  • contén métodos estruturados para orientar a solución de problemas;
  • considera a situación problemática, a solución e o proceso de solución como sistemas.

A TRIZ é volta para a solución inventiva de problemas porque, aínda que teña hoxe aplicación nas máis diversas áreas do coñecemento (administración, publicidade, artes…), a TRIZ naceu na enxeñaría e o propósito inicial do seu creador era desenvolver un método para inventar.

Alén de definila como metodoloxía, é posíbel entender a TRIZ en niveis máis altos, como sendo unha filosofía, unha ciencia ou como sendo o estudo da excelencia ou en niveis máis baixos, como un conxunto de métodos para a formulación e resolución de problemas.

O carácter filosófico da TRIZ consiste nos seguintes fundamentos:

  • idealidade, ou o concepto de que os sistemas (técnicos ou non) evolucionan no sentido do aumento das funcións útiles e da diminución das funcións inútiles e prexudiciais;
  • contradición, ou o coñecemento de que unha das formas máis comúns de evolución dos sistemas técnicos é a resolución de contradicións que o sistema contiña;
  • recursos, ou resolver o problema co propio problema (identificando e usando activamente elementos da propia situación problemática para resolver o problema);
  • sistemática, que é a idea de enxergar dentro dun contexto que envolve tempo, espazo e interaccións;
  • funcionalidade, que consiste na modelaxe de elementos concretos das situacións problemáticas e das solucións na forma máis abstracta de funcións.

Como ciencia, a TRIZ vén se desenvolvendo máis recentemente, a través dun interese cada vez maior dos medios académicos pola metodoloxía. Hai diversas pescudas en marcha envolvendo a organización da TRIZ como ciencia e un número crecente de publicacións relacionadas coa TRIZ en congresos e revistas científicas.

A TRIZ como o estudo da excelencia configúrase como a abstracción, compilación e organización das mellores formas de resolver problemas na forma de estratexias e principios. Iso aconteceu, primeiro, nas enxeñarías máis antigas (os primeiros estudos de Altshuller envolveran solucións da enxeñaría mecánica, civil, eléctrica e química) e, actualmente, acontece en todas as áreas do coñecemento (publicidade, artes, pedagoxía, administración etc.).

No nivel da solución de problemas, a TRIZ ofrece unha gran riqueza de ferramentas: matriz multipantalla, operador tempo-tamaño-custo, fantograma, modelaxe con "pequenas persoas expertas", método dos principios inventivos, método da separación, análise de substancia-campo, método das partículas, método da síntese enerxética, indicadores de efectos, tendencias da evolución dos sistemas técnicos son algunhas das ferramentas da TRIZ.

Read next

In 29 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article