factograf
GL

poeta e novelista estadounidense

Sylvia Plath

Sylvia Plath

Key facts

data de nacemento27 de outubro de 1932
data de falecemento11 de febreiro de 1963
educado enSmith College
ocupaciónpoeta, escritor, novelista
lugar de nacementoBoston
lugar de falecementoLondres
cónxuxeTed Hughes
empregadorSmith College
obra salientableThe Bell Jar
descrito pola fonteAmerican Women Writers
All data from the card 18
Nacemento
27 de outubro de 1932 Boston
Morte
11 de febreiro de 1963 (30 anos)Londres
Causa da morte
suicidio
Lugar de sepultura
Heptonstall (en)
Residencia
Court Green (en) (1961–1962)Londres
Relixión
Unitarismo
Educación
Smith College - ciencia da literatura Newnham College
Campo de traballo
Poesía, ensaio e ficción
Ocupación
poetisa, autora de diarios, escritora de literatura infantil, debuxante, autobiógrafa, novelista, ensaísta, escritora, libretista
Empregador
Smith College
Xénero artístico
Poesia confessional (pt) e novela en clave
Pseudónimo literario
Victoria Lucas
Arquivos en
Smith College Biblioteca Stuart A. Rose de Libros Estraños, Arquivos e Manuscritos Coleccións Especiais e Arquivos Universitarios da Universidade de Victoria [ SC060]Lilly Library (en)
Cónxuxe
Ted Hughes (1956–1963), morte da persoa
Fillos
Frieda Hughes, Nicholas Hughes
Pais
Otto Plath e Aurelia Plath
Irmáns
Warren Joseph Plath
Descrito pola fonte
American Women WritersMetzler Autorinnen Lexikon (1 ed.), (p.425–426) >>>:Plath, Sylvia

Sylvia Plath, nada en Boston o 27 de outubro de 1932 e finada en Londres o 11 de febreiro de 1963, foi unha poeta e novelista estadounidense cuxa obra constitúe unha dobre procura desesperada da realidade do mundo e da identidade feminina.

Traxectoria

A casa de Sylvia Plath no 23 Fitzroy Road de Londres
A casa de Sylvia Plath no 23 Fitzroy Road de Londres

Sylvia Plath naceu no seo dunha familia de clase media no barrio de Jamaica Plain (Massachusetts), e pasou a súa infancia en Winthrop. Xa de nena escribía, chegando a publicar o seu primeiro poema aos 8 anos. A pesar da súa aparente estabilidade, no seu interior incubaba graves problemas psíquicos que tiñan a súa orixe na morte de seu pai (un especialista en abellas e profesor de Bioloxía na Universidade de Boston) a causa dunha embolia pulmonar cando a poeta contaba con 8 anos.

A escritora comezou os estudos universitarios no Smith College (Massachusetts) e, grazas a unha bolsa de estudos Fulbriht, trasladouse á Universidade de Cambridge. Durante a súa época de estudos, Plath sufriu unha depresión crónica (agora sábese que padecía un trastorno bipolar), chegando incluso a un intento de suicidio no ano 1952, algo que detallou máis tarde na novela A campá de cristal (The Bell Jar). Graduouse con honores tres anos máis tarde, despois dunha tempada de recuperación nun psiquiátrico. Foi en Cambridge onde a escritora coñeceu o que sería o seu marido, Ted Hughes, un poeta inglés co que casaría en 1956.

Entre xullo de 1957 e outubro de 1959, Plath deu clases no Smith College ata que se trasladou, xunto co seu home, a Boston, onde a escritora asistiu a seminarios con Robert Lowell e con Anne Sexton. Este traslado debeuse ó insoportable que se lle fixo a súa estancia no Smith College, comezando así unha nova etapa de inestabilidade. Cando Plath quedou embarazada, regresaron ao Reino Unido, instalándose primeiro en Londres e logo en North Tawton (Devon). En 1960 publicou a súa primeira recompilación, O coloso (The Colossus) e, en 1962 o matrimonio separouse, apenas dous anos despois do nacemento do seu segundo fillo. Esta separación debeuse, sobre todo, á relación amorosa que Hughes mantiña coa poeta Assia Wevill, aínda que é posible que Olwyn Hughes, irmá do poeta, interferise na súa relación. A separación afectoulle moito a Plath.

A escritora retornou a Londres cos seus dous fillos, pero ela, que ao longo da súa vida sufrira numerosas depresións, rematou coa súa vida asfixiándose con gas o 11 de febreiro de 1963.

Obra

Sylvia Plath só publicou dous libros en vida: a colección de poemas The Colossus e a novela The Bell Jar, editada co pseudónimo de Victoria Lucas. Postumamente, apareceu o seu libro Ariel. O seu marido, o poeta inglés Ted Hughes, encargado de xestionar o legado da súa antiga esposa, supervisou e editou a publicación da súa obra

O seu primeiro libro, O coloso (1960), puxo en evidencia a meticulosidade do seu oficio e un estilo moi persoal, aínda que moitas veces foi descrito como convencional e carente do drama das súas obras posteriores. Ariel (1965) está considerado como o seu mellor libro de poemas, o cal, ao igual que a poesía publicada despois do seu suicidio, reflicte un ensimesmamento e unha obsesión pola morte. A campá de cristal (1963), é o testemuño do seu propio derrubamento psíquico provocado por unha sucesión de fracasos sentimentais e polas complicadas relacións que mantivo cos homes que nas relecturas destacan as presións sociais e culturais. Con Poemas completos, editado polo seu home no 1981, Plath gañou, postumamente, o premio Pulitzer no 1982. Outras obras publicadas despois da súa morte son os poemarios Cruzando a auga (1971) e Árbores de inverno (1972), e Johnny Panic e a Biblia de soños, un libro de contos.

Obras

Prosa

  • A campá de cristal (The Bell Jar) (1963). Traducida ao galego por Celia Recarey (Irmás Cartoné, 2023)
  • Cartas a casa (Letters home) (1975).
  • Johnny Panic e a Biblia de soños (Johnny Panic and the Bible of Dreams) (1977).
  • Os diarios de Sylvia Plath (The Journals os Sylvia Plath) (1982).
  • The Magic Mirror (1989), a tese para Smith College.
  • The Unabridged Journals of Sylvia Plath (2000).

Poesía

  • O Coloso (The Colossus) (1960).
  • Ariel (1965).
  • Three Women: A Monologue for Three Voices (1968).
  • Cruzando a auga (Crossing the water) (1971).
  • Árbores de inverno (1972).
  • Poemas completos (The Collected Poems) (1981).

Obras para nenos

  • The Red Book (1976).
  • The It-Doesn't-Matter-Suit (1996).
  • Collected Children's Stories (2001).
  • Mrs. Cherry's Kitchen (2001).

Véxase tamén

Outros artigos

  • Sylvia (filme) (2003), de Christine Jeffs.

Ligazóns externas

  • Peter K. Steinberg - A celebration, this is: A website for Sylvia Plath. (en inglés)

Read next

In 84 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article