factograf
GL
Sign in

familia de aves acuáticas

Estérnidos

Estérnidos

Key facts

instancia detaxon
nome do taxonSterninae
categoría taxonómicaSubfamilia
descrito pola fonteMeyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890)
All data from the card 1
ITIS
553483

A dos estérnidos, (Sternidae) é unha familia de aves mariñas da orde dos caradriformes e suborde dos laros, que comprende numerosas especies coñecidas vulgarmente en galego como carráns, e outras semellantes.

Taxonomía

Larosterna inca
Larosterna inca
Thalasseus bergii
Thalasseus bergii
2 images

Descrición

A familia foi descrita en 1838 polo naturalista francés Charles Lucien Bonaparte.

Etimoloxía

O nome científico Sternidae está formado, como é a norma, sobre a base do nome do se xénero tipo, Sterna, engadíndolle o sufixo do latín científico -idae, propio dos nomes das familias de animais.

Nota taxonómica

Diversos autores consideran actualmente (2019) á familia como unha subfamilia, a dos esterninos (Sterninae), da familia dos láridos.

A orde dos caradriformes contén 18 familias de aves mariñas e limícolas. Dentro desta orde, os estérnidos forman unha liñaxe coas gaivotas e, de forma menos achegada, cos merdeiros ou papamerdas e os araos. Os primeiros autores, como Conrad Gessner, Francis Willughby e William Turner, non separaron claramente aos carráns das gaivotas, pero Linneo recoñeceu a súa distinción na 10ª edición do seu Systema Naturae (1758), colocando ás gaivotas no xénero Larus e aos carráns en Sterna. Deu para Sterna a descrición de rostrum subulatum, "bico de punzón", refeiríndose aos bicos longos e afiados deste grupo de aves, característica que o distingue das gaivotas, que teñen o bico máis groso. A morfoloxía e conduta dos carráns suxire que estes están relacionados máis cercanamente coas gaivotas que cos papamerdas e, aínda que Charles Lucien Bonaparte creara a familia Sternidae para os carráns en 1838, durante moitos aos consideráronse unha subfamilia, Sterninae, da familia das gaivotas, Laridae. As relacións entre varias das especies de carráns e outros caradriformes adoitaban ser difíciles de esclarecer, debido a un rexistro fósil pobre e á incorrecta identificación dalgúns descubrimentos.

Despois dunha nova investigación xenética realizada a principios do século XXI, os carráns comezaron a tratarse como unha familia separada: Sternidae. A maioría dos carráns tratábanse como un gran xénero, Sterna, con soamente algunhas especies colocadas noutros xéneros; xa en 1959, unicamente as especies de Anous e Larosterna inca excluíanse de Sterna. Unha análise recente de secuencias de ADN deu base á división de Sterna en varios xéneros máis pequenos. Un estudo de partes do citocromo b demostrou unha relación achegada entre os carráns e un grupo de aves limícolas dea suborde Thinocori. Estes resultados opóñense a outros estudos moleculares e morfolóxicos que poden ser interpretados como mostra dun alto grao de converxencia evolutiva entre os carráns e estas aves limícolas ou a retención dun xenotipo antigo.

A palabra "stearn" era utilizada para estas aves en idioma anglosaxón desde o século VIII e aparece no poema O navegante, escrito no século IX ou antes. Variantes como "tearn" apareceron ao redor do século XIs. Actualmente o vocábulo utilízase tanto para o carrán común como para as especies mariñas. Algunhas autoridades consideran que "tearn" e formas similares son variantes de "stearn", mentres que outras establecen que as palabras derivan de voces inglesas para equivalentes escandinavos como terne do danés, tärna do sueco ou terna do noruegués e, finalmente, do nórdico antigo þerna. Linneo adoptou "stearn" ou "sterna" (voces que foran utilizadas polo naturalista William Turner en 1544 como unha latinización dunha palabra inglesa, posibelmente "stern"), ou un equivalente do xermánico do norte para o nome do seu xénero Sterna.

Xéneros

Segundo o ornitólogo e taxonomista Alan P. Peterson, a familia dos estérnidos (ou, máis especificamente, a subfamilia dos esterninos) comprende os 12 xéneros seguintes:

  • Anous Stephens, 1826
  • Procelsterna Lafresnaye, 1842
  • Gygis Wagler, 1832
  • Onychoprion Wagler, 1832
  • Sternula F. Boie, 1822
  • Phaetusa Wagler, 1832
  • Gelochelidon Brehm, 1830
  • Hydroprogne Kaup, 1829
  • Larosterna Blyth, 1852
  • Chlidonias Rafinesque, 1822
  • Thalasseus F. Boie, 1822
  • Sterna

Nota: moitos autores propuxeron que Anous e Procelsterna se fusionasen nun só xñenero, Anous, e que Procelsterna se considere como un sinónimo junior.

Filoxenia

O seguinte cladograma mostra as relacións filoxenéticas entre os xéneros dos estérnidos. Baséase en estudos do ADN mitocondrial efectuados por Bridge et al. en 2005.

Sternidae
 

Anous

 
 
 

Gygis

 
 
 

Onychoprion

 
 
 

Sternula

 
 
 

Phaetusa

 
 
 

Phaetusa

 
 
 

Gelochelidon

 
 
 

Hydroprogne

 
 
 

Chlidonias

 
 
 

Thalasseus

 
 
 

Sterna

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Nel pódese ver que está excluído o xénero Procelsterna

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Brookes, Ian (editor-in-chief) (2006). The Chambers Dictionary, ninth edition. Edinburgh: Chambers. ISBN 0-550-10105-5.
  • Gochfeld, M; Burger, J. "Family Sternidae (Terns)" pp. 624–667 in del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew; Sargatal, Jordi (editors) (1996). Handbook of Birds of the World. 3: Hoatzin to Auks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-87334-20-7.
  • Hume, Rob (1993). The Common Tern. London: Hamlyn. ISBN 0-540-01266-1.
  • Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names (PDF). London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  • Linnaeus, C. (1758). Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata. (en latín). Holmiae [Stockholm]: Laurentii Salvii.
  • Lockwood, W. B. (1984). Oxford Book of British Bird Names. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-214155-4.
  • Merriam-Webster (2014). "Tern - Definition and More from the Free Merriam-Webster Dictionary". Encyclopædia Britannica. Consultado o January 11, 2014.
  • Turner, William (1544): Turner on Birds (Auium præcipuarum, quarum apud Plinium et Aristotelem mentio est, breuis et succincta historia). Evans, A. H. edit. 1903. Cambridge: Cambridge University Press (Cita: huius generis est & alia parua auis, nostrati lingua sterna apellata).

Outros artigos

Ligazóns externas

  • Sterninae. Terns and noddys. Clasificación na ADW.

Read next

In 77 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article