factograf
GL
Sign in

Músico estadounidense

Skrillex

Skrillex
All data from the card 11
Nacemento
(en) Sonny John Moore 15 de xaneiro de 1988 (38 anos)Os Ánxeles
Outros nomes
Skrillex
Grupo étnico
Hispanos e latinoamericanos
Ocupación
produtor musical, cantante, disc-jóckey, músico
Período de actividade
2004 -
Membro de
Dog Blood (en) Jack Ü From First To Last
Xénero artístico
Música dance electrónica, música pop, post-hardcore, electro house, dubstep, brostep (en) , EDM trap music (en) e moombahton (pt)
Selo discográfico
Atlantic Records Asylum Records Mau5trap OWSLA Big Beat Records Sumerian Records (pt)
Compañeiro profesional
Diplo: Jack Ü
Parella
Ellie Goulding (2012–2012)
Sitio web
skrillex.com

Sonny John Moore, nado no barrio de Highland Park, na cidade dos Ánxeles, o 15 de xaneiro de 1988, é un DJ, cantante e produtor musical estadounidense coñecido polo seu nome artístico Skrillex. Sonny Moore uniuse á banda post-hardcore From First to Last como o seu cantante en 2004, e gravou dous álbums con eles Dear Diary, My Teen Angst Has a Body Count (2004) e Heroine, (2006). Deixou a banda para comezar a súa carreira en solitario en 2007. Comezou a súa primeira xira en solitario a finais de 2007. Despois de recrutar novos membros para a nova banda, Moore uniuse á xira Alternative Press Tour para apoiar a All Time Low e The Rocket Summer.

Despois de lanzar o EP Gypsyhook EP no 2009, Moore tiña previsto a gravación do seu álbum de estudio Bells, xunto co produtor Noah Shain. Porén, parou a produción do álbum e comezou a súa andaina baixo o nome de Skrillex, distribuíndo o EP My Name Is Skrillex mediante descarga gratuíta na súa páxina oficial de MySpace. Máis tarde, lanzou o Scary Monsters and Nice Sprites a finais de 2010 e More Monsters and Sprites a mediados de 2011, cos cales conseguiu un éxito comercial moderado. O 30 de novembro de 2011, foi nomeado a cinco Premios Grammy, e gañou tres galardóns: "Mellor Álbum Dance/Electrónica", "Mellor Gravación Dance" e "Mellor Gravación Remixed, Non Clásica". On 5 de decembro de 2011, a BBC anunciou que estaba nomeado á votación Sound of 2012. O 12 de decembro de 2011, foi galardoado co Premio MTV como Mellor artista do ano de música dance electrónica. Skrillex gañou un total de seis Premios Grammy.

Discografía

  • Gypsyhook EP (2009)
  • My Name Is Skrillex (2010)
  • Scary Monsters and Nice Sprites (2010)
  • More Monsters and Sprites (2011)
  • Bangarang (2011)
  • Make It Bun Dem After Hours EP (2012)
  • Leaving (2013)
  • Recess (2014)
  • Skrillex and Diplo Present Jack Ü (con Diplo como Jack Ü) (2015)
Bandas sonoras

In 56 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article