factograf
GL
Sign in

Rinia

Rinia

Key facts

poboación0
superficie14km²
instancia deilla
paísGrecia
elevación sobre o nivel do mar136m
All data from the card 2
OpenStreetMap
531132
Freebase
/m/0cthdh

Rinia ou Rhenea (en grego: Ρήνεια) é unha illa grega nas Cícladas. Atópase xusto ao oeste da illa de Delos da que lle separa unha canle duns 700 metros de anchura, e aínda máis ao suroeste da illa de Mykonos a 9 km, da que dependen administrativamente. A súa superficie é de 14 km². Tiña unha pequena poboación ata a década de 1980, pero actualmente está deshabitada. Tamén é denominada Gran Delos.

A orientación de Rinia é de norte a sur, cunha lonxitude de 8 km. Componse de dúas partes unidas entre elas por un istmo de 1´2 km de largo por 70 m de longo no seu punto máis estreito. Ten unha superficie total de 13´9 km². O seu punto culminante, situado na parte norte, alcanza os 136 m.

Na Antigüidade, foi conquistada por Polícrates de Samos e dedicouse ao culto de Apolo Delio. Tiña unha cidade do mesmo nome que a illa: Renea.

Servía de necrópole aos delios e de refuxio para as mulleres que estaban a piques de parir, pois o carácter sagrado de Delos prohibía que alí tivesen lugar nacementos e defuncións.

Ata un pasado recente, estaba habitada por apenas unha vintena de persoas. Actualmente está deshabitada.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Páxina oficial do Municipio de Mykonos (en inglés) (en grego)

Read next

In 24 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article