factograf
GL
Sign in

Pori

Pori

Key facts

poboación83.010
superficie1.156km²
instancia decidade, concello de Finlandia
paísFinlandia
data de creación ou fundación1558
situado na unidade administrativaSatakunta
All data from the card 4
OpenStreetMap
4446212
VIAF
151311752
ISNI
000000049294936X
Freebase
/m/020mjt

Pori (en sueco Björneborg, e en latín Arctopolis) é unha cidade de Finlandia, situada no oeste do país, na rexión de Satakunta. Ten unha poboación de 83.303 habitantes segundo o censo de 2012.

Topónimo

O nome Pori vén da palabra borg ("castelo") do nome orixinal en sueco cunha adaptación á pronunciación finesa. O nome en sueco Björneborg significa "castelo do oso", e o nome grego Arctopolis significa "cidade do oso".

Demografía

  • Fonte:

Xeografía

Río e delta

O levantamento xeolóxico logo da idade do xeo foi relatívamente alto na boca do río Kokemäenjoki. En 1558, cando se fundou a cidade, foi situada na beira da baía de Pori. A causa deste levantamento o delta do río comeza agora na fronte da cidade. A área recreativa de Kirjurinluoto está actualmente nunha illa conectada con pontes á terra. O Parque Nacional Urbano de Pori preserva a historia das fases de desenvolvemento da cidade.

Clima

Pori
(1981-2010)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima media (°C) -3 -3 1 8 14 19 21 20 14 8 2 -1 8,3
Temperatura mínima media (°C) -8 -9 -5 -1 4 9 12 10 6 3 -2 -5 1,2
Precipitacións (mm) 26,6 20,7 24,1 20,6 20,0 36,9 36,2 42,5 35,5 37,4 29,6 30,2 360,3
Fonte: Foreca

Cultura

En Pori encóntrase o Museo de Satakunta, un museo de historia fundado en 1888. O Museo de Satakunta presenta a historia da provincia de Satakunta e da cidade de Pori. O edificio que alberga o museo foi deseñado en 1973. O Museo de Arte de Pori é un museo de arte contemporánea e moderna, inaugurado en 1979 e ten como base as coleccións da coleccionista local de arte e mecenas Maire Gullichsen. A sede do museo encóntrase nunha antiga casa de pesaxe constuida orixinalmente en 1860. Outros museos da cidade son o Museo Rosenlew, que presenta a herdanza industrial da empresa Rosenlew e o museo de historia natural Luontotalo Arkki. Toivo é o centro de renovación do Museo de Satakunta, nel preséntanse xeitos tradicionais de restauración de casas de madeira cunha exhibición dunha casa típica de principios de 1900.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read next

In 85 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article