factograf
GL

evento futbolístico internacional cuatrianual

Mundial de Fútbol de 1930

Mundial de Fútbol de 1930
All data from the card 12
Tipo
Copa do Mundo de Fútbol
Organizador
FIFA
Composto por
Copa do Mundo FIFA de 1930 - Grupo 1 (pt) Copa do Mundo FIFA de 1930 - Grupo 4 (pt) Copa do Mundo FIFA de 1930 - Grupo 3 (pt) Copa do Mundo FIFA de 1930 - Grupo 2 (pt) Copa do Mundo FIFA de 1930 - Fase final (pt)
Número de participantes
13
Localización
Estadio Pocitos (Montevideo) Estadio Gran Parque Central (Municipio CH) Estadio Centenario (Montevideo)
País
Uruguai
Intervalo de tempo
13 de xullo de 1930 – 30 de xullo de 1930
Número de edición
1 (1930)
Primeiro posto
Uruguai
Partidos
18
Goles
70
Número de espectadores
590.549

O Mundial de Fútbol de 1930 (en castelán: 1er Campionato Mundial de Football) foi a edición inaugural do campionato do mundo de equipos internacionais de fútbol asociación, a Copa do Mundo FIFA. Xogouse no Uruguai do 13 ao 30 de xullo. A Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA) elixiu o Uruguai como país anfitrión xa que ía a celebrar o centenario da súa independencia, ademais de que a súa selección de fútbol viña de conseguir a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdam. Todos os encontros se xogaron na capital uruguaia, Montevideo, a maioría no Estadio Centenario, que foi construído para o torneo.

Trece equipos, sete de América do Sur, catro de Europa e dous de América do Norte participaron no torneo. A pouca participación de equipos europeos debeuse á duración (un mes) e ao custo da viaxe. Os equipos foron divididos en catro grupos, avanzando o gañador de cada grupo cara ás semifinais. Os dous primeiros partidos do Mundial leváronse a cabo simultaneamente, sendo gañados por Francia e os Estados Unidos, que venceron a México (4-1) e Bélxica (3-0), respectivamente. Lucien Laurent de Francia marcou o primeiro gol na historia do Mundial.

As seleccións de Arxentina, Uruguai, Estados Unidos e Iugoslavia accederon ás semifinais do torneo tras imporse nos seus respectivos grupos. Na final, o anfitrión Uruguai venceu a Arxentina por 4 goles a 2 ante 93.000 espectadores, converténdose no primeiro país en gañar o título mundial, ratificando o feito nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928. O máximo goleador foi o arxentino Stábile con 8 tantos.

Antecedentes

Países participantes no torneo, coloreados de acordo ao seus resultados no torneo.
Países participantes no torneo, coloreados de acordo ao seus resultados no torneo.

Dende a fundación da FIFA en 1904, expúxose a posibilidade de realizar un torneo a nivel mundial; con todo, a recentemente formada organización non contaba cos recursos e a infraestrutura necesaria para semellante evento. Así, pediron apoio ao Comité Olímpico Internacional, o que en 1906 aceptou a inclusión do fútbol nos seus eventos deportivos. En 1914, a FIFA recoñeceu oficialmente ao torneo disputado nos Xogos Olímpicos como un «campionato mundial de fútbol para afeccionados», tomando a responsabilidade de organizar o evento durante o seguintes tres citas Olímpicas: desde 1920 a 1928. Até esa data, a organización do certame de fútbol olímpico estivo a cargo de asociacións nacionais, tales como a Football Association de Inglaterra en 1908 e a Asociación Sueca de Fútbol en 1912.

Tras o paso dalgúns anos, o Congreso da FIFA realizado en 1928 na cidade de Ámsterdam, decidiu a realización finalmente dun torneo especializado, para o cal debería buscarse unha sede. Rapidamente, varios países europeos presentaron a súa candidatura (Italia, Hungría, os Países Baixos, España e Suecia) xunto á do Uruguai. Jules Rimet, presidente da FIFA neses anos estaba a favor da realización no país suramericano, o cal se atoparía á data do Mundial celebrando o centenario da Xura da Constitución (18 de xullo de 1830) e que obtivera en forma consecutiva a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928. Ademais, as feridas da primeira guerra mundial aínda non cicatrizaran completamente no continente europeo, polo que a preferencia pola realización no Uruguai serviría como unha forma de alentar á paz mundial.

O boicot

Trala adxudicación do torneo ao Uruguai, o Comité Organizador repartiu as invitacións para as dezaseis cotas para o torneo. Con todo, o rexeitamento continuo da maioría dos equipos de países do continente europeo foi sorprendente. Estes argumentaron a súa ausencia debido aos altos custos que implicaba a viaxe a través do océano Atlántico e a forte crise económica que azoutara no último ano. Aínda cando os uruguaios ofreceron liquidar todos os gastos involucrados e compensar aos equipos de fútbol profesional pola ausencia dos seus xogadores, a maioría dos países europeos rexeitaron a invitación.

Só Francia, Bélxica, Iugoslavia e Romanía asistiron á cita en Montevideo. Francia foi practicamente obrigada a asistir debido á presión exercida por Jules Rimet, o cal tamén solicitou axuda persoalmente ao Rei Carlos II de Romanía. O monarca obrigou á participación dos seus xogadores, os cales foron elixidos o azar persoalmente polo rei nunha empresa petroleira romanesa. O seleccionado de Exipto anotouse para o torneo, pero pediu que movesen de data o comezo xa que non chegaban a tempo por culpa da viaxe en barco. Finalmente a FIFA non aceptou o pedido e Exipto non puido participar. No continente americano, Uruguai solicitou a axuda aos seus veciños para organizar o torneo. Aínda cando convidou a todos os países, moitos se negaron a pagar a suma de diñeiro solicitada como apoio á organización. Debido ao rexeitamento dos países europeos principalmente, a Copa debeu reducir o seu número de participantes de 16 a 13.

Equipos participantes

Sedes

O Estadio Centenario foi a sede da maioría dos partidos do torneo.
O Estadio Centenario foi a sede da maioría dos partidos do torneo.
O Gran Parque Central foi onde se xogou o primeiro partido na historia dos Mundiais, entre Estados Unidos e Bélxica
O Gran Parque Central foi onde se xogou o primeiro partido na historia dos Mundiais, entre Estados Unidos e Bélxica
2 images
Cidade Estadio Capacidade
Montevideo Estadio Centenario 65.000
Estadio Gran Parque Central 20.000
Estadio Pocitos 10.000

Para o torneo, a intención dos organizadores era que tódolos partidos se disputasen nun só estadio, o Estadio Centenario, construído especialmente para a celebración da Copa Mundial. Con todo, as fortes choivas caídas en Montevideo antes da inauguración do campionato impediron que a súa construción fose finalizada a tempo. Dada esta situación os organizadores víronse obrigados a buscar outros estadios para celebrar neles os primeiros partidos, atopándose dentro destes o estadio Gran Parque Central (propiedade do Club Nacional de Football), escenario onde se xogou o primeiro partido na historia dos Mundiais. O Estadio Centenario foi oficialmente inaugurado o sexto día de competición e a partir dese momento todos os partidos xogáronse aí.

Resultados

Os horarios corresponden á hora de Uruguai (UTC-2)

Primeira fase

Grupo 1

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG
 Arxentina 6 3 3 0 0 10 4 6
 Chile 4 3 2 0 1 5 3 2
 Francia 2 3 1 0 2 4 3 1
 México 0 3 0 0 3 4 13 -9


Francia 4 - 1 México 13 de xullo de 1930, 15:00 – Estadio Pocitos, Montevideo
Asistencia: 1.000
Árbitro: Domingo Lombardi (Uruguai)
Laurent  19'
Langiller  40'
Maschinot  43'  87'
Informe
Carreño  70'
 
Arxentina 1 - 0 Francia 15 de xullo de 1930, 16:00 – Estadio Parque Central, Montevideo
Asistencia: 3.000
Árbitro: Almeida Rego (Brasil)
Monti  81' Informe
 


Chile 3 - 0 México 16 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Parque Central, Montevideo
Asistencia: 500
Árbitro: Henry Christophe (Bélxica)
Subiabre  3'  52'
Vidal  65'
Informe
 
Chile 1 - 0 Francia 19 de xullo de 1930, 12:50 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 2.000
Árbitro: Aníbal Tejada (Uruguai)
Subiabre  65' Informe
 


Arxentina 6 - 3 México 19 de xullo de 1930, 15:00 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 5.000
Árbitro: Ulises Salcedo (Bolivia)
Stábile  8'  17'  80'
Zumelzú  12'  55'
Varallo  53'
Informe
Rosas  42' (pen.)  65'
Gayón  75'
 
Arxentina 3 - 1 Chile 22 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 1.000
Árbitro: Jan Langenus (Bélxica)
Stábile  12'  13'
Evaristo  51'
Informe
Subiabre  15'
 

Grupo 2

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG
 Iugoslavia 4 2 2 0 0 6 1 5
 Brasil 2 2 1 0 1 5 2 3
 Bolivia 0 2 0 0 2 0 8 -8


Iugoslavia 2 - 1  Brasil 14 de xullo de 1930, 12:45 – Estadio Parque Central, Montevideo
Asistencia: 5.000
Árbitro: Aníbal Tejada (Uruguai)
Tirnanić  21'
Bek  30'
Informe
Preguinho  62'
 
Iugoslavia 4 - 0 Bolivia 17 de xullo de 1930, 12:45 – Estadio Parque Central, Montevideo
Asistencia: 800
Árbitro: Francisco Mateucci (Uruguai)
Bek  60'  67'
Marjanović  65'
Vujadinović  85'
Informe
 
Brasil 4 - 0 Bolivia 20 de xullo de 1930, 13:00 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 1.200
Árbitro: John Balway (Francia)
Moderato  37'  73'
Preguinho  57'  83'
Informe
 

Grupo 3

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC
 Uruguai 4 2 2 0 0 5 0
 Romanía 2 2 1 0 1 3 5
 Perú 0 2 0 0 2 1 4


Romanía 3 - 1 Perú 14 de xullo de 1930, 14:50 – Estadio Pocitos, Montevideo
Asistencia: 300¹
Árbitro: Alberto Warnken (Chile)
Deşu  1'
Barbu  85'
Stanciu  85'
Informe
Souza  75'
 
Uruguai 1 - 0 Perú 18 de xullo de 1930, 14:30 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 70.000
Árbitro: Jan Langenus (Bélxica)
Castro  65' Informe
 
Uruguai 4 - 0 Romanía 21 de xullo de 1930 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 80.000
Árbitro: Almeida Rego (Brasil)
Dorado  7'
Scarone  26'
Anselmo  31'
Cea  35'
Informe
 
¹ Cantidade máis baixa de espectadores nun partido da Copa do Mundo da historia.

Grupo 4

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC
 Estados Unidos 4 2 2 0 0 6 0
 Paraguai 2 2 1 0 1 1 3
 Bélxica 0 2 0 0 2 0 4


Estados Unidos 3 - 0 Bélxica 13 de xullo de 1930, 15:00 – Estadio Parque Central, Montevideo
Asistencia: 10.000
Árbitro: José Macías (Arxentina)
McGhee  41'  45'
Patenaude  88'
Informe
 
Estados Unidos 3 - 0 Paraguai 17 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Parque Central, Montevideo
Asistencia: 800
Árbitro: José Macías (Arxentina)
Patenaude  10'  15'  50' Informe
 
Paraguai 1 - 0 Bélxica 20 de xullo de 1930, 15:00 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 900
Árbitro: Ricardo Vallarino (Uruguai)
Vargas Peña  40' Informe
 

Segunda fase

  Semifinais Final
Montevideo, 26 de xullo
  Uruguai 6  
  Iugoslavia 1  
 
Montevideo, 30 de xullo
      Uruguai 4
    Arxentina 2
Montevideo, 27 de xullo
  Arxentina 6
  Estados Unidos 1  

Semifinais

Arxentina 6 - 1 Estados Unidos 26 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 80.000
Árbitro: Jan Langenus (Bélxica)
Monti  20'
Scopelli 56'
Stábile  69'  87'
Peucelle  80'  85'
Informe
Brown  89'
 


Uruguai 6 - 1 Iugoslavia 27 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 93.000
Árbitro: Almeida Rego (Brasil)
Cea  18'  67'  72'
Anselmo  20'  31'
Iriarte  61'
Informe
Sekulić  4'
 

Terceiro posto

Iugoslavia negouse a participar no partido polo terceiro lugar como forma de protesta pola arbitraxe no seu partido ante Uruguai, onde se anulara un gol iugoslavo lexítimo. Así, os Estados Unidos obtiveron o terceiro posto. Con todo, segundo outras fontes o partido polo terceiro posto chegou a celebrarse, con vitoria iugoslava por marcador de 3-1.

Final

Uruguai 4 - 2 Arxentina 30 de xullo de 1930, 14:15 – Estadio Centenario, Montevideo
Asistencia: 93.000
Árbitro: John Langenus (Bélxica)
Dorado  12'
Cea  57'
Iriarte  68'
Castro  89'
Informe
Peucelle  20'
Stábile  37'
 


Campión do Mundo

Uruguai
Primeiro título

Goleadores

Con oito goles, o arxentino Guillermo Stábile foi o máximo goleador do torneo. En total anotáronse 70 goles por 36 xogadores, dos cales un foi considerado en propia meta.

8 goles
5 goles
4 goles
3 goles
  • Carlos Peucelle
  • Preguinho
  • Peregrino Anselmo
  • Ivan Bek
2 goles
  • Luis Monti
  • Adolfo Zumelzú
  • Moderato
  • Guillermo Subiabre
  • Pablo Dorado
  • Santos Iriarte
  • Đorđe Vujadinović
1 gol
  • Mario Evaristo
  • Alejandro Scopelli
  • Francisco Varallo
  • Marcel Langiller
  • Lucien Laurent
  • Juan Carreño
  • Roberto Gayón
  • Luis Vargas Peña
  • Luis de Souza Ferreira
  • Adalbert Deșu
  • Nicolae Kovács
  • Constantin Stanciu
  • Jim Brown
  • Tom Florie
  • Bart McGhee
  • Héctor Scarone
  • Blagoje Marjanović
  • Aleksandar Tirnanić
1 autogol
  • Manuel Rosas (xogando contra Chile)

Clasificación retrospectiva

O redondelán Pedro Cea, segundo máximo goleador do Mundial.
O redondelán Pedro Cea, segundo máximo goleador do Mundial.

En 1986, a FIFA publicou un informe no que facía unha clasificación das seleccións en cada Copa do Mundo. A clasificación de 1930 foi a seguinte:

P Selección G X V E D GF GC DF Pts.
1  Uruguai 3 4 4 0 0 15 3 +12 8
2  Arxentina 1 5 4 0 1 18 9 +9 8
3  Estados Unidos 4 3 2 0 1 7 6 +1 4
4  Iugoslavia 2 3 2 0 1 7 7 0 4
Eliminados na fase de grupos
5  Chile 1 3 2 0 1 5 3 +2 4
6  Brasil 2 2 1 0 1 5 2 +3 2
7  Francia 1 3 1 0 2 4 3 +1 2
8  Romanía 3 2 1 0 1 3 5 −2 2
9  Paraguai 4 2 1 0 1 1 3 −2 2
10  Perú 3 2 0 0 2 1 4 −3 0
11  Bélxica 4 2 0 0 2 0 4 −4 0
12  Bolivia 2 2 0 0 2 0 8 −8 0
13  México 1 3 0 0 3 4 13 −9 0

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read next

In 93 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article