factograf
GL

FIFA

FIFA

Key facts

data de creación ou fundación21 de maio de 1904
instancia demetaorganización, federación de fútbol, federación deportiva internacional
paísSuíza
lingua oficiallingua inglesa
All data from the card 4
VIAF
136163632
ISNI
0000000121646271
Freebase
/m/02zm3
OpenAlex
I2801527043

A Fédération Internationale de Football Association ou Federación Internacional de Fútbol (FIFA) é a institución que dirixe internacionalmente as asociacións deportivas de fútbol. Fundouse o 21 de maio de 1904 e ten a súa sede en Zürich, en Suíza. Forma parte do FA Board Internacional, organismo encargado de modificar as regras do xogo. Ademais, a FIFA organiza os campionatos mundiais de fútbol nas súas distintas modalidades.

A FIFA agrupa 209 asociacións ou federacións de fútbol de distintos países, contando con 17 países afiliados máis cá Organización das Nacións Unidas, e catro menos que a Federación Internacional de Baloncesto.

Organización

O ingreso á FIFA está aberto a calquera asociación ou federación encargada de organizar o fútbol no seu país. Normalmente hai un só afiliado por estado, como no caso de Francia, España ou Portugal. Pero tamén se dan casos de asociacións de nacións sen estado, principalmente as británicas, Inglaterra, Escocia, Gales e Irlanda do Norte, por ser o Reino Unido o lugar onde naceu o fútbol moderno. Tamén atopamos, entre outras, as Illas Feroe, con selección independente de Dinamarca.

A nivel de continentes a FIFA ten afiliadas ás seguintes confederacións:

Presidentes

Nome Nacionalidade Período
1. Robert Guérin Francia 1904–1906
2. Daniel Burley Woolfall Inglaterra 1906–1918
3. Jules Rimet Francia 1921–1954*
4. Rodolphe Seeldrayers Bélxica 1954–1955
5. Arthur Drewry Inglaterra 1955–1961
6. Stanley Rous Inglaterra 1961–1974*
7. João Havelange Brasil 1974–1998*
8. Joseph Blatter Suíza 1998–2016
9. Gianni Infantino Italia 2016–presente
*Recibiu o título de presidente honorario posteriormente.

Torneos

Desde a súa institución en 1904, a FIFA organizou un total de 16 torneos (FIFA competitions), dos cales 4 son no ámbito olímpico de acordo coa carta presentada polo Comité Olímpico Internacional, 1 no ámbito intercontinental e 11 no ámbito mundial (9 a nivel de seleccións e 2 a nivel de clubs).

Competicións masculinas

Torneo Último torneo Campión vixente
Copa Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 España
Copa Mundial de Fútbol Sub-20 Colombia 2011 Brasil
Copa Mundial de Fútbol Sub-17 México 2011 México
Copa Confederacións Suráfrica 2009 Brasil
Campionato Mundial de fútbol sala da FIFA Tailandia 2012
Copa Confederacións de fútbol sala Tailandia 2012
Copa Mundial de fútbol praia da FIFA Libia 2009 Irán
Torneo Olímpico de Fútbol masculino Londres 2012
Torneos Olímpicos Xuvenís de Fútbol Singapur 2010 Bolivia
Copa Mundial de Clubs da FIFA Xapón 2011 FC Barcelona

Competicións femininas

Torneo Último torneo Campión vixente
Copa Mundial Feminina de Fútbol Alemaña 2011 Xapón
Copa Mundial Feminina de Fútbol Sub-20 Xapón 2012
Copa Mundial Feminina de Fútbol Sub-17 Acerbaixán 2012
Torneo Olímpico de Fútbol feminino Londres 2012
Torneos Olímpicos Xuvenís de Fútbol Singapur 2010 Chile
Copa Mundial de Clubs Feminina da FIFA Brasil 2012

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  • Sitio web oficial da FIFA

Read next

In 150 languages

glAfrikaansAlemannischአማርኛÆngliscالعربيةالدارجةمصرىঅসমীয়াasturianuazərbaycancaتۆرکجهBasa BaliBoarischBikol Centralбеларуская (тарашкевіца)беларускаяBetawiбългарскиभोजपुरीပအိုဝ်ႏဘာႏသာႏবাংলাbrezhonegbosanskicatalàнохчийнCebuanoکوردیčeštinaCymraegdanskDeutschThuɔŋjäŋZazakiडोटेलीΕλληνικάEnglishEsperantoespañoleestieuskaraفارسیsuomiføroysktfrançaisFryskGaeilgeAvañe'ẽગુજરાતીHausaHawaiʻiעבריתहिन्दीFiji HindihrvatskimagyarհայերենinterlinguaBahasa IndonesiaInterlingueIdoíslenskaitaliano日本語JawaქართულიQaraqalpaqshaқазақшаភាសាខ្មែរಕನ್ನಡ한국어kurdîLatinaLëtzebuergeschLimburgslombardlietuviųlatviešuमैथिलीмокшеньMalagasyолык марийMinangkabauмакедонскиമലയാളംмонголमराठीBahasa MelayuMaltiမြန်မာဘာသာمازِرونیNapulitanoनेपालीNederlandsnorsk nynorsknorskNovialOromooਪੰਜਾਬੀPapiamentupolskiPiemontèisپنجابیپښتوportuguêsrumantschromânăрусскийсаха тылаᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤsardusicilianuScotsسنڌيsrpskohrvatski / српскохрватскиTaclḥitසිංහලSimple EnglishslovenčinaslovenščinaSoomaaligashqipсрпски / srpskiSundasvenskaKiswahiliślůnskiதமிழ்తెలుగుтоҷикӣไทยTürkmençeTagalogTürkçeтатарча / tatarçaукраїнськаاردوoʻzbekcha / ўзбекчаvènetoTiếng ViệtWinaray吴语isiXhosaმარგალურიYorùbáⵜⴰⵎⴰⵣⵉⵖⵜ ⵜⴰⵏⴰⵡⴰⵢⵜ閩南語 / Bân-lâm-gí粵語中文isiZulu

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article