factograf
GL
Sign in

capital das Comores

Moroni

Moroni

Key facts

poboación85.400
superficie30km²
instancia decidade, cidade grande, asentamento
paísComores
elevación sobre o nivel do mar29m
situado na unidade administrativaGran Comora
All data from the card 2
VIAF
129029125
Freebase
/m/01qk24

Moroni (en árabe موروني Mūrūnī) é a cidade máis grande das Comores, e a súa capital dende 1962. O nome "Moroni" provén de "Oundroni", que significa benestar, felicidade. A súa capital municipal, Badjanani, provén á súa vez das palabras árabes "Bab" (portas) e "Djannat" (paraíso), isto é, porta do paraíso.

Xeografía

Praia en Itsendra, localidade próxima a Moroni.
Praia en Itsendra, localidade próxima a Moroni.

A cidade sitúase na costa oeste da illa Gran Comora. Estímase que no 2003 a súa poboación era de 60.200 habitantes.

Historia

Moroni era a capital do sultanato de Bambao. Alberga unha medina que estaba rodeada por unha muralla que foi destruída polos franceses no século XIX.

Converteuse na capital das Comores en 1962. Foi capital da República Federal Islámica das Comores trala independencia en 1975, e dende o 2002 é a capital da Unión das Comores.

Na cidade está a embaixada da ONU, o PNUD, a embaixada de Francia e a da China. Tamén alberga a sede do parlamento da Unión das Comores, a do Banco Central e a do conxunto dos ministerios e a administración da Unión, así como a Universidade das Comores.

Economía

Exporta entre outros produtos vainilla, coco, e café.

Transporte

O Aeroporto Internacional Príncipe Said Ibrahim (código IATA: HAH, código ICAO FMCH) ou Aeroporto Internacional de Hahaia está a uns 30 quilómetros, xunto á pequena localidade de Hahaia. Nel ten a súa base a aeroliña Air Comores International.

Tamén dispón dun porto con transporte regular ao continente africano e ás outras illas do arquipélago das Comores, así como Madagascar e outras illas do océano Índico. Este porto non é moi profundo, polo que é o porto de Mutsamudu (na illa de Anjouan) no que desembarcan os paquebotes.

Read next

In 135 languages

glAfrikaansአማርኛaragonésالعربيةمصرىasturianuKotavaazərbaycancaتۆرکجهбашҡортсабеларуская (тарашкевіца)беларускаябългарскиbamanankanবাংলাབོད་ཡིགbrezhonegbosanskicatalà閩東語 / Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄нохчийнCebuanoکوردیčeštinaCymraegdanskDeutschDagaareZazakiΕλληνικάEnglishEsperantoespañoleestieuskaraفارسیsuomifrançaisNordfriiskFryskGaeilgeGàidhligAvañe'ẽHausa客家語 / Hak-kâ-ngîעבריתहिन्दीFiji HindihrvatskihornjoserbsceKreyòl ayisyenmagyarհայերենinterlinguaBahasa IndonesiaIdoíslenskaitaliano日本語JawaქართულიTaqbaylitқазақша한국어kernowekLatinaLëtzebuergeschLigurelombardlietuviųlatviešuмокшеньMalagasyMinangkabauмакедонскиമലയാളംмонголमराठीBahasa MelayuمازِرونیNederlandsnorsk nynorsknorskoccitanlivvinkarjalaиронਪੰਜਾਬੀPapiamentupolskiPiemontèisپنجابیپښتوportuguêsRuna SimiromânăрусскийIkinyarwandasarduScotsسنڌيsrpskohrvatski / српскохрватскиSimple EnglishslovenčinaslovenščinaanarâškielâchiShonaSoomaaligashqipсрпски / srpskiSesothosvenskaKiswahiliślůnskiதமிழ்тоҷикӣไทยTagalogTürkçeудмуртукраїнськаاردوoʻzbekcha / ўзбекчаvènetovepsän kel’Tiếng ViệtVolapükWinarayWolof吴语მარგალურიYorùbá閩南語 / Bân-lâm-gí粵語中文

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article