factograf
GL

Macmillan Publishers

Macmillan Publishers
All data from the card 4
VIAF
146646454
ISNI
0000000403741701
Freebase
/m/041f8t
OpenAlex
P4310319964

Macmillan Publishers Ltd, tamén coñecida como The Macmillan Group, é unha editorial británica e unha das cinco grandes editoriais en inglés.

Historia

Este logotipo apareceu na biografía de Leslie Stephen de Alexander Pope, publicada por Macmillan & Co en Londres en 1880
Este logotipo apareceu na biografía de Leslie Stephen de Alexander Pope, publicada por Macmillan & Co en Londres en 1880

Século XIX

Fundada en Londres en 1843 polos irmáns Daniel e Alexander MacMillan, orixinarios da illa de Arran en Escocia, comezaron publicando obras de autores como Charles Kingsley, Thomas Hughes, Christina Rossetti, Matthew Arnold, Lewis Carroll, Alfred Tennyson, Thomas Hardy e Rudyard Kipling. Axiña se tornaron líderes de vendas en Gran Bretaña. Outros escritores importantes publicados a finais do XIX e principios do XX por Macmillan incluíron a W. B. Yeats, Rabindranath Tagore, Nirad C. Chaudhuri, Seán O'Casey, Charles Morgan, Hugh Walpole, Margaret Mitchell, C. P. Snow, Rumer Godden, Ram Sharan Sharma e John Maynard Keynes.

Ademais da literatura, a compañía creou títulos como a revista Nature (1869), o Grove Dictionary of Music and Musicians (1877) e o Dicionario de economía política de Sir Robert Harry Inglis Palgrave (1894).

George Edward Brett abriu a primeira oficina de Macmillan nos Estados Unidos en 1869 (en Nova York) e Macmillan vendeu a súa oficina de operacións para a familia Brett en 1896, o que resultou na creación dunha empresa estadounidense tamén chamada Macmillan Company.

Século XX

Aínda coa escisión da compañía estadounidense da súa empresa matriz en Inglaterra, George Brett, Jr. e o neto de Daniel Macmillan, Harold, seguían sendo amigos persoais íntimos. Macmillan Publishers volveu entrar no mercado estadounidense en 1954 baixo o nome de St. Martin's Press.

Macmillan do Canadá foi fundada en 1905; Maclean-Hunter adquiriu a compañía en 1973. Despois de numerosas fusións, Macmillan Canada disolveuse en 2002 despois de que John Wiley & Co. a adquirise.

O primeiro ministro do Reino Unido de 1957 a 1963, Harold Macmillan, era neto de Daniel, cofundador da editorial xunto ao seu irmán Alexander, e despois da súa xubilación da política en 1964 ocupou o cargo de presidente da empresa, exercendo até a súa morte en decembro de 1986. Estivo na empresa familiar como socio de 1920 a 1940 (cando chegou a ser ministro subalterno) e de 1945 a 1951, mentres estivo na oposición no Parlamento.

O alemán Holtzbrinck Publishing Group comprou a empresa en 1999.

Século XXI

Pearson adquiriu o nome Macmillan en América en 1998, tras a compra do grupo educativo e profesional Simon & Schuster (que incluía varias propiedades de Macmillan). Holtzbrinck mercoullo en 2001. McGraw-Hill segue a comercializar o seu material escolar a través de títulos de escola primaria baixo a súa marca Macmillan/McGraw-Hill. As operacións estadounidenses de Holtzbrinck Publishing cambiaron o seu nome a Macmillan en outubro de 2007. O seu selo de publicación de son cambiou o seu nome de Audio Renaissance a Macmillan Audio, mentres que o seu brazo de distribución foi renomeado de Von Holtzbrinck Publishers Services a Macmillan Publishers Services.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Macmillan Publishers Páxina oficial

Read next

In 36 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article