factograf
GL
Sign in

Lisias

Lisias

Key facts

data de nacemento445 BC
data de falecemento380 BC
ocupaciónorador, escritor
lugar de nacementoAtenas
lugar de falecementoAtenas
descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
All data from the card 8
Nacemento
c. 445 a. C. Atenas
Morte
380 a. C. (64/65 anos)Atenas
Ocupación
orador, logographer (en) , escritor
Período
Antigüidade clásica
Profesores
Τεισίας
Pai
Cephalus
Irmáns
PolemarchusEuthydemus
Descrito pola fonte
Biblioteca dixital BEICРеальный словарь классических древностей по ЛюбкеруDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Jean Dedieu (1646 - 1727): estatua de Lisias. Xardíns de Versalles.
Jean Dedieu (1646 - 1727): estatua de Lisias. Xardíns de Versalles.

Lisias (en grego Λυσίας), nado en Atenas en -458 e finado en -380, foi un dos dez oradores áticos.

Traxectoria

Malia nacer en Atenas, foi meteco e nunca gozou do dereito de cidadanía xa que o seu pai, Céfalo, era de Siracusa. No ano -404, o réxime oligárquico dos Trinta Tiranos privou a Lisias e ao seu irmán Polemarco de todas as súas posesións. Cando mataron a este último, Lisias fuxiu a unha poboación veciña.

Regresou a Atenas no ano -403, trala derrota dos Trinta Tiranos e o restablecemento do goberno democrático. Emprendeu entón accións legais contra Eratóstenes, o tirano responsábel da morte de seu irmán.

Platón alude a Lisias e á súa familia n'A República e no Fedro.

Obra

Lisias gañouse a vida como logógrafo, escribindo discursos para os litigantes e transformándose na figura máis destacada da oratoria xudicial ática. A súa biografía reflíctese na dobre vertente da súa obra: por unha banda, dedicado ao ensino da retórica e a escribir discursos por encargo; e, por outra, consagrado á tarefa política da restauración da democracia en Atenas e á persecución dos tiranos mediante os seus discursos. Chegou a escribir 233 discursos, dos que só se conservou unha trintena. Os máis coñecidos son Contra Eratóstenes (Κατά Ερατοσθένους), Defensa no xuízo contra Simón (Πρὸς Σίμωνα ἀπολογία) e Sobre o asasinato de Eratóstenes (Ὑπὲρ τοῦ Ἐρατοσθένους φόνου ἀπολογία).

Estilo

Tiña un talento incomparábel para adaptar os seus discursos ao carácter dos seus clientes. Os trazos máis destacados do seu estilo, como demostran as obras que del se conservan, eran a pureza, a sinxeleza e a claridade.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Lisias. Discursos. Obra completa. Editorial Gredos. Madrid. ISBN 978-84-249-1694-7.
  1. Volumen I: Discursos I. 1988. ISBN 978-84-249-1367-0.
  2. Volumen II: Discursos II. 1995. ISBN 978-84-249-1695-4.

Ligazóns externas

  • Dionisio de Halicarnaso: Lisias (Λυσίας).
    • Texto francés no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011): ed. de 1826, en París. Os números en azul son rótulos activos que serven para cambiar ao grego.
      • Texto grego no mesmo sitio. Os números en azul son rótulos activos que serven para cambiar ao francés.
  • J.F. Dobson: The Greek Orators (Os oradores gregos, 1919).
  • Discursos de Lisias.
    • Texto inglés con índice electrónico no Proxecto Perseus. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe).
      • Textos bilingües grego - francés, con introducións e anotacións neste idioma, no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011).
    • Clara Álvarez: Análise morfolóxica e sintáctica dun fragmento da obra de Lisias.
      • Discursos fúnebres ou Epitafios (Ἐπιτάφιος τοῖς Κορινθίων βοηθοῖς), 4: As amazonas (Ἀμαζόνες).
        • O fragmento en Wikisource.
          • Análise do fragmento.

Read next

In 37 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article