O caxubio é unha lingua da familia eslava falada polo pobo caxubio ó norte da República de Polonia, na costa do Mar Báltico. O caxubio está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
A súa proximidade lingüística co polaco fai que haxa moita xente que a considere coma un dialecto do polaco (lingua lequítica), aínda que en realidade forma parte dun subgrupo eslavónico diferente, dentro do cal se emparenta co polabio e o eslovincio. Estruturalmente, ten unha gran cantidade de arcaísmos e empréstimos xermánicos cando se compara coas linguas eslavas veciñas.
Sociolingüística
Sociolingüisticamente, distribúese polo rural, especialmente nas camadas menos escolarizadas da poboación, polo que os falantes desenvolveron un sentimento de estigma e autoodio propio de moitas linguas minorizadas sen recoñecemento oficial. Dende hai uns anos, o goberno polaco potenciou a súa presenza na televisión e radio estatais e, cumprindo co Convenio Europeo para a Eliminación de tódalas formas de Discriminación (CERD), estableceu o ensino de lingua caxubia en 19 centros para 1 470 alumnos (1999-2000) e mesmo o ensino optativo na Universidade de Gdańsk.
Véxase tamén
Outros artigos
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
