factograf
GL
Sign in

Xénero de aves

Lagopus

Lagopus

Key facts

instancia detaxon
nome do taxonLagopus
categoría taxonómicaxénero
descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
All data from the card 5
Freebase
/m/08qwnz
OpenAlex
C2778975583
ITIS
175803
OTT
352764
CoL
63836

Lagopus é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos.

Comprende tres especies coñecidas como lagópodos.

Taxonomía

Lagópodo cinsento, macho en plumaxe invernal, no Xapón.
Lagópodo cinsento, macho en plumaxe invernal, no Xapón.
Lagopus leucura, en Alberta.
Lagopus leucura, en Alberta.
2 images

Descrición

O xénero foi descrito en 1760 polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson.

Etimoloxía

O nome científico Lagopus está formado pola unión dos elementos do latín científico lago- e -pus. O primeiro deriva da raíz do substantivo do grego antigo λαγὠς lagṓs, 'lebre'; e o segundo, de ποδόσ podós, xenitivo de πούς poús, 'pé'. Literalmente: 'os de pés de lebre' (ou 'os de pés como os da lenre').

Especies

Na actualidade recoñécense no xénero as tres especies seguintes:

  • Lagopus lagopus (Linnaeus, 1782) - lagópodo común
  • Lagopus leucura (Richardson, 1831) - lagópodo de cola branca
  • Lagópodo cinsento (Montin, 1781) - lagópodo alpino, lagópodo branco ou perdiz nival

Nota sobre os nomes vulgares

A Real Academia Galega, no seu Dicionario, define lagópodo como «Zooloxía. Ave da orde dos galiformes, de tamaño mediano, coa plumaxe que varía do pardo ao branco, os tarsos e os dedos cubertos de plumas, da que existen varias especies».

Para usarmos un nome diferente para cada unha das especies, séguese o criterio da Academia: «As escollas normativas deber ser harmónicas coas das outra linguas, especialmente coas romances en xeral e coa portuguesa en particular,...»

Nomes noutras linguas romances
  • Lagopus lagopus
    • Castelán: lagópodo común
    • Catalán: lagòpede comú
  • Lagopus leucura
    • Castelán: lagópodo coliblanco
    • Francés: lagopède à queue blanche
    • Portugués: lagópode-de-cauda-branca
  • Lagopus muta
    • Castelán: perdiz nival, lagópodo alpino

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  • Lagopus na ADW.

Read next

In 50 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article