factograf
GL

actor e director estadounidense

Kevin Spacey

Kevin Spacey

Key facts

data de nacemento26 de xullo de 1959
educado enEscola Juilliard
ocupaciónactor de cinema, director teatral, director de cinema
membro do partido políticoPartido Demócrata
All data from the card 10
Nacemento
26 de xullo de 1959 (67 anos)South Orange
Residencia
Baltimore
Educación
Escola Juilliard Los Angeles Valley College (en) Chatsworth High School (en) Canoga Park High School (en)
Lugar de traballo
Estados Unidos
Ocupación
actor de cinema, actor de teatro, actor de xénero, produtor de televisión, actor, realizador, actor de dobraxe, produtor de cinema, director teatral, guionista, director de cinema, actor de televisión, músico
Período de actividade
1981 -
Partido político
Partido Demócrata
Profesores
Marian Seldes
Parentes
Daniel Fowler, sobriñoJosh Sartain, sobriño neto
Sitio web
kevinspacey.com
Kevin Spacey no 2009.
Kevin Spacey no 2009.

Kevin Spacey, nado o 26 de xullo de 1959 en South Orange, Nova Jersey, é un actor e director estadounidense, gañador de dous premios Óscar de Hollywood.

Traxectoria

Kevin Spacey naceu en South Orange, no estado de Nova Jersey, co nome Kevin Spacey Fowler. É o irmán máis novo dos tres fillos dun matrimonio formado por un pai redactor técnico, e unha nai secretaria. O traballo do pai motivou que a familia se mudase en varias ocasións, vivindo en distintas localidades do país. Finalmente establecéronse en California, onde o pequeno Kevin puxo de manifesto o seu carácter falcatrueiro. Os seus pais enviárono a un internado dirixido por militares, do que foi expulsado ós poucos meses. Ingresou entón nun colexio do Val de San Fernando, preto dos Ánxeles. Alí Spacey encontrouse a gusto, e comezou a participar no teatro afeccionado da escola.

Finalizada a escola, e tras unha breve estancia nun colexio de actuación de Los Ángeles, Spacey marchou a Nova York e comezou a estudar interpretación no prestixioso Juilliard School. Dous anos despois era tan degoado por actuar, que abandonou o colexio antes de graduarse e se incorporou ó Festival de Shakespeare de Nova York.

En 1981 Spacey apareceu por primeira vez no teatro, interpretando un mensaxeiro na obra de Shakesperare Henrique VI. O ano seguinte actuou nun drama de Ibsen en Broadway. Deuse de conta de que o seu camiño estaba no cine, pero aínda así, Spacey seguiu actuando regularmente no teatro e gañou en 1991 un premio Tony, o equivalente ós Óscar no teatro.

Introduciuse no cine a mediados da década de 1980, con papeis secundarios en películas de éxito como Heartburn (con Jack Nicholson e Meryl Streep) e Working Girl (con Harrison Ford, Sigourney Weaver e Melanie Griffith). En 1992 participou en Glengarry Glen Ross, cun elenco de ilustres actores, coma Al Pacino, Jack Lemmon ou Ed Harris. A súa consagración como estrela foi co thriller Se7en, xunto a Brad Pitt e Morgan Freeman.

Spacey gañou dous Óscar, un como mellor actor secundario e outro como mellor actor principal, este último por American Beauty en 1999. En 2003, Spacey foi nomeado director artístico do teatro Old Vic en Londres, un dos teatros máis prestixiosos de lingua inglesa. Alí dirixe unha nova compañía teatral, que actúa durante oito meses ó ano, e da que Spacey é actor, ademais de director. Entre outras obras, estreou en Londres Cloaca, da dramaturga Maria Goos.

Filmografía

  • House of Cards (2013; serie de televisión)
  • Envelope (2012)
  • Inseparables (2011)
  • Margin Call (2011)
  • Como acabar co teu xefe (2010)
  • Casino Jack (2010)
  • Father of invention (2010)
  • A rede social (2010; produtor)
  • The Men Who Stare at Goats (2010)
  • Shrink (2009)
  • Moon (2009)
  • 21 (2008)
  • Recount (2008)
  • Fred Claus (2007)
  • Superman Returns (2006)
  • The United States of Leland (2004)
  • Beyond the Sea (2004)
  • The Life of David Gale (2003)
  • Austin Powers in Goldmember (2002; cameo)
  • K-PAX (2001)
  • The Shipping News (2001)
  • Pay It Forward (2000)
  • Ordinary Decent Criminal (2000)
  • The Big Kahuna (2000)
  • American Beauty (1999)
  • The Negociator (1998)
  • Hurlyburly (1998)
  • Midnight in the Garden of Good and Evil (1997)
  • L.A. Confidential (1997)
  • Tempo de matar (1996)
  • Looking for Richard (1996)
  • The Usual Suspects (1995)
  • Se7en (1995)
  • Outbreak (1995)
  • Doomsday Gun (1994)
  • The Ref (1994)
  • Iron Will (1994)
  • Glengarry Glen Ross (1992)
  • Consenting Adults (1992)
  • A Show of Force (1990)
  • Henry & June (1990)
  • See No Evil, Hear No Evil (1989)
  • Dad (1989)
  • Rocket Gibraltar (1988)
  • Working Girl (1988)
  • Heartburn (1986)

Premios

Premios Oscar
Ano Categoría Película Resultado
1999 Mellor actor American Beauty Gañador
1995 Mellor actor secundario The Usual Suspects Gañador
Premios Globo de Ouro
Ano Categoría Película Resultado
2011 Mellor actor - Comedia ou musical Casino Jack Nomeado
2004 Mellor actor - Comedia ou musical Beyond the Sea Nomeado
2003 Mellor actor - Drama The Life of David Gale Nomeado
1999 Mellor actor - Drama American Beauty Nomeado
1997 Mellor actor - Drama L.A. Confidential Nomeado
1995 Mellor actor secundario The Usual Suspects Nomeado
Premios BAFTA
Ano Categoría Película Resultado
1999 Mellor actor American Beauty Gañador
1997 Mellor actor L.A. Confidential Nomeado
Premios do Sindicato de Actores
Ano Categoría Película Resultado
1999 Mellor actor American Beauty Gañador
1997 Mellor elenco de actores L.A. Confidential Nomeado

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Kevin Spacey en Cinearchivo.com (en castelán).

Read next

In 83 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article