Ascensións
Foi explorado pola primeira vez por un europeo en 1856. T.G. Montgomery, na expedición liderada por Henry Habershan Godwin-Austen, designouno como "K2" ("Karakoram 2").
A ascensión do K2 é considerada moito máis difícil que a do Everest. Ata xuño de 2000, 189 persoas tiñan conseguido atinxir o cumio, en canto que case 1500 xa escalaran o Everest. 49 persoas morreron tentando a ascensión, 13 das cales en 1986. A primeira tentativa profesional de ascensión foi no 1902, mais a pesar de cinco tentativas infrutíferas e mortais, o seu cumio non foi atinxido ata que unha expedición italiana realizou este feito o 31 de xullo de 1954. A expedición estaba liderada por Ardito Desio, e os dous alpinistas que atinxiron o cumio foron Lino Lacedelli e Achille Compagnoni.
