O Annapurna é unha montaña do Himalaia, no Nepal. É a décima máis alta montaña da Terra.
O Annapurna posúe diversos picos secundarios:
- Annapurna I 8.091 m
- Annapurna II 7.937 m
- Annapurna III 7.555 m
- Annapurna IV 7.525 m
- Gangapurna 7.455 m
- Annapurna Sur 7.219 m
O Annapura foi a primeira montaña con máis de 8.000 metros a ser escalada. Annapurna é un nome sánscrito que significa Deusa das recoltas.
Ascensións
1950 - Maurice Herzog e Louis Lachenal atinxe o cumio o 3 de xuño, nunha expedición da cal participaban tamén Lionel Terray e Gaston Rébuffat.
A face sur do Annapurna venceuse pola primeira vez en 1970 por unha expedición británica liderada por Chris Bonnington e que incluía o alpinista Ian Clough, que morreu durante o descenso, atinxido por un piar de xeo desprendido da montaña.
En 3 de febreiro de 1987, Jerzy Kukuczka e Artur Hajcer, un alpinista polaco, fixeron a primeira ascensión dun pico de máis de 8.000 metros durante o inverno.
Trekking
A rexión do Annapurna é célebre polas súas posibilidades de trekking.
