Jarnell D'Marcus Stokes, nado o 7 de xaneiro de 1994 en Memphis, Tennessee, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional
O 26 de xuño de 2014, Stokes foi seleccionado na 35ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Utah Jazz. Na mesma noite do Draft, foi traspasado ós Memphis Grizzlies. Durante a súa tempada de rookie, foi asignado en varias ocasións ós Iowa Energy da NBA Development League.
O 10 de novembro de 2015, Stokes foi traspasado xunto a Beno Udrih ós Miami Heat, a cambio de Mario Chalmers e James Ennis. Durante o seu período nos Heat foi asignado en varias ocasións ós Sioux Falls Skyforce, afiliado dos Heat na NBA D-League.
O 18 de febreiro de 2016, Stokes foi traspasado ós New Orleans Pelicans, a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2018. O día seguinte, foi cortado polos Pelicans.
O 15 de setembro de 2016, Stokes asinou cos Denver Nuggets. O 15 de novembro de 2016, foi cortado polos Nuggets tras participar en tan só dous partidos.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 04 de decembro de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)
