Christopher Claus "Chris" Andersen, nado o 7 de xullo de 1978 en Long Beach (California), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente é axente libre. Mide 2,08 metros de altura, e xoga nas posicións de pivote e ala-pivote.
Traxectoria profesional
Non foi elixido no Draft da NBA de 1999 e comezou a súa carreira coma profesional na Chinese Basketball League e en ligas menores americanas. Despois deu o salto á NBA e xogou cos Denver Nuggets e os New Orleans Hornets. En 2006, recibiu unha sanción de dous anos sen xogar por parte da NBA por violar a política de drogas. A sanción rematou o 4 de marzo de 2008, e un día despois asinou de novo cos Hornets. Volveu a Denver en 2008, e permaneceu alí ata o ano 2012.
O 20 de xaneiro de 2013, asinou un contrato de dez días cos Miami Heat. Asinou un segundo contrato de dez días o 30 de xaneiro, e o 8 de febreiro de 2013 asinou para o resto da tempada. Na tempada 2012-13, conseguiu o seu primeiro anel de campión da NBA cos Heat, tras vencer ós San Antonio Spurs por 4-3.
O 16 de febreiro de 2016, os Heat traspasaron a Andersen e dúas elección da segunda rolda do Draft aos Memphis Grizzlies, nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Charlotte Hornets. Tres días máis tarde, fixo o seu debut cos Grizzlies, na vitoria por 109-104 contra os Minnesota Timberwolves, facendo catro puntos, tres rebotes e un tapón en 11 minutos.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Perfil de Andersen en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas de Chris Andersen Arquivado 20 de xuño de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
