factograf
GL
Sign in

Ingolstadt

Ingolstadt

Key facts

poboación140.799
superficie133km²
instancia decidade grande, cidade universitaria
paísAlemaña
data de creación ou fundación1200
elevación sobre o nivel do mar374m
All data from the card 5
Código postal
85049
OpenStreetMap
62381
VIAF
132524888
Freebase
/m/01dky4
NUTS
DE211

Ingolstadt é unha cidade independente de Baviera, Alemaña, a uns 70 km de Múnic. Ten 133,35 km² e en decembro de 2014 tiña 131 002 habitantes. Tamén é a sede da compañía automobilística Audi.

Historia

A primeira mención da cidade data do 6 de febreiro do 806, cando un documento de Carlos Magno a menciona como Ingolges stadt. Sobre o 1250 Ingolstadt recibu o status de cidade. A famosa muralla da cidade só puido ser superada polas tropas de Napoleón I. Foi sede da famosa Universidade de Ingolstadt, que deu inicio á Ilustración. A comezos do século XIX a cidade, do mesmo xeito que o resto de Baviera, pasou a formar parte da Confederación do Rin fomentada por Napoleón I. Tras o derrubamento do imperio napoleónico, Baviera uniuse á Confederación Xermánica.

Charles de Gaulle e Mikhail Tukhachevsky estiveron detidos na fortaleza desta cidade durante a primeira guerra mundial. O entón capitán De Gaulle tentou a evasión até cinco veces, sen éxito, xa que o seu gran tamaño o facía demasiado visible, sendo liberado despois do armisticio. Mikhail Tukhachevsky, no quinto intento de fuga, logrou regresar a Rusia en outubro de 1917.

Economía

Posúe refinarías para o petróleo que chega polo río Danubio, industria automotriz (aquí atópase a sede de Audi) e fábricas de electrónica. Despois da segunda guerra mundial, Audi buscaba unha nova sede e decidiuse por esta cidade debido ás súas boas comunicacións. A súa proximidade con Múnic sitúa Ingolstadt nunha das rexións de maior importancia económica e industrial dentro da Unión Europea (UE).

Demografía

Cantidade de poboaciónAno030.00060.00090.000120.000150.000180018501900195020002050IngolstadtEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Páxina oficial de Ingolstadt (en alemán)

Read next

In 102 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article