Illa Crooked atópase ao sueste das Bahamas, e unha das tres illas principais da lagoa chamada Baía Acklins (as outras son Acklins e Long Cay). A superficie da illa é de 240 km², segundo o Goberno das Bahamas, pero de 282´1 km² segundo o Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente.
Demografía
No censo de 2000,Illa Crooked tiña 350 habitantes.
O pobo principal da illa é Coronel Hill.
Economía
Os habitantes viven principalmente da pesca e a agricultura.
Illa Crooked ten un aeroporto.
Historia
Illa Crooked foi colonizada a finais da década de 1780 polos leais estadounidenses que estableceron plantacións de algodón, que empregaban a máis de mil escravos. Logo da abolición da escravitude no Imperio Británico, as plantacións foron substituídas pola colleita de esponxas.