factograf
GL

capital das illas Bahamas

Nassau, Bahamas

Nassau, Bahamas

Key facts

poboación227.940
superficie207km²
instancia decidade, cidade grande, capital
paísBahamas
data de creación ou fundación1695
elevación sobre o nivel do mar34m
All data from the card 2
VIAF
148911449
Freebase
/m/05hcy

Nassau é a capital das illas Bahamas. É o centro comercial e cultural das illas e, cunha poboación de 210.832 habitantes, é tamén a cidade máis grande.

Situada na illa de Nova Providencia, Nassau ten un atractivo porto moi transitado. O clima tropical e a fermosura natural das Bahamas tornaron Nassau nun moi popular destino turístico, cunha reputada calma durante as horas de sol e unha excitante vida nocturna.

Historia

Vista aérea de Nassau, co forte Charlotte en primeiro termo.
Vista aérea de Nassau, co forte Charlotte en primeiro termo.

Nassau foi fundada polos británicos a mediados do século XVII co nome de Charles Towne, mais logo mudóuselle o nome polo de Nassau en honra do rei inglés Guillerme III de Orange-Nassau en 1695. Durante o século XVIII, foi un famoso acocho de piratas; un dos mais célebres que aquí se agochaba foi Barbanegra. Nassau foi obxectivo de numerosos intentos de invasión por parte dos españois a fins do século XVIII. No 1776 foi tomada e retida brevemente polos revolucionarios norteamericanos.

Xeografía

Peirao Prince George no porto de Nassau
Peirao Prince George no porto de Nassau
Vista por satélite de Nassau e Paradise Island
Vista por satélite de Nassau e Paradise Island
2 images

Situada na Illa da Nova Providencia, Nassau ten un atractivo porto, unha mestura do vello mundo e arquitectura colonial e un porto moi ocupado. O clima e o medio natural das Bahamas converteron a Nassau nun destino turístico.

Nassau desenvolveuse directamente detrás da zona portuaria. Nova Providencia ten 200 km² de terra relativamente plana e de monte raso entrecruzadas por cristas baixas (ningunha das cualas impidíu o seu desenvolvemento). No centro da illa hai varios lagos pouco profundos conectados por mareas.

A proximidade da cidade aos Estados Unidos (290 km ao leste-sueste de Miami) contribuíu á súa popularidade como resort de vacacións, especialmente despois de que os Estados Unidos prohibise as viaxes a Cuba en 1963. O resort de Atlantis nas proximidades Illa Paradise supón máis chegadas turísticas á cidade que calquera outra propiedade hotelera de Nassau. O mega-resort emprega máis de 6.000 bahameses e é o maior empleador fóra do goberno.

Clima

Nassau ten un clima tropical de sabana ( Köppen: Aw), que fai fronteira cun clima monzónico ( Köppen: Am), con veráns quentes e húmidos e un inverno cálido e máis seco. As temperaturas son relativamente consistentes ao longo do ano. Durante a estación húmida de xuño a setembro, as temperaturas medias durante o día son 30º - 32 °C, mentres que durante a estación máis seca de novembro a marzo as temperaturas diúrnas están entre 25º e 27 °C, rara vez caendo por debaixo de 15 °C.

Datos climáticos para Nassau (Lynden Pindling International Airport), elevación: 7 m., extremos 1980-2012
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 32,1 33,0 33,0 34,0 38,0 38,0 36,0 39,9 36,0 35,0 33,0 32,0 39,9
Media máxima en °C 25,6 26,1 26,9 28,1 29,9 31,4 32,4 32,4 31,9 30,2 27,9 26,4 29,1
Media diaria en °C 21,6 21,9 22,7 23,9 25,8 27,7 28,5 28,5 27,9 26,6 24,5 22,6 25,2
Media mínima en °C 17,4 17,9 18,6 19,8 21,6 23,6 24,4 24,4 24,1 23,0 20,9 18,9 21,2
Temperatura mínima en °C 6,0 7,0 7,0 9,0 9,0 15,0 17,0 18,0 18,0 15,0 11,0 7,6 6
Precipitación media mm 49 50 65 63 115 223 150 217 182 137 79 52 1 382
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) 8 6 7 6 10 15 17 18 17 14 9 8 135
Media de horas de sol mensuais 226 224 251 282 282 240 267 260 222 236 219 211 2 920
Fonte #1: Ogimet
Fonte #2: Climatebase.ru (extremes)
Datos climáticos para Nassau (Lynden Pindling International Airport), elevación: 7 m., 1961-1990 normais e extremas
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 30,2 31,5 31,0 32,9 33,5 34,0 34,1 35,0 34,0 33,2 32,2 30,4 35
Media máxima en °C 25,2 25,3 26,5 27,7 29,2 30,7 31,7 31,8 31,3 29,7 27,7 25,9 28,56
Media diaria en °C 21,1 21,1 22,2 23,4 25,3 26,9 27,9 27,9 27,3 25,9 23,8 21,9 24,56
Media mínima en °C 16,7 16,9 17,7 19,0 21,0 22,9 23,7 23,8 23,6 22,2 20,0 17,7 20,43
Temperatura mínima en °C 5,2 7,7 7,0 9,2 13,1 15,0 17,9 18,0 15,3 13,3 10,6 5,3 5,2
Precipitación media mm 47,2 40,3 39,8 53,8 116,3 232,9 157,7 215,9 171,4 175,5 56,6 51,8 1 359,2
Media de días con chuvia 8 6 6 5 10 15 17 17 17 16 9 8 134
Humidade relativa media (%) 78,0 78,0 76,0 74,0 77,0 79,0 77,0 79,0 81,0 80,0 78,0 78,0 77,9
Media de horas de sol mensuais 220,1 212,8 257,3 276,0 269,7 231,0 272,8 266,6 213,0 223,2 222,0 213,9 2 878,4
Media de horas de sol diarias 7,1 7,6 8,3 9,2 8,7 7,7 8,8 8,6 7,1 7,2 7,4 6,9 7,88
Fonte: NOAA
Temperatura media do mar
Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec
73 °F

23 °C

73 °F

23 °C

75 °F

24 °C

79 °F

26 °C

81 °F

27 °C

82 °F

28 °C

82 °F

28 °C

82 °F

28 °C

82 °F

28 °C

81 °F

27 °C

79 °F

26 °C

75 °F

24 °C

Demografía

Cantidade de poboaciónAno220.000230.000240.000250.000260.000270.000280.000201020132016201920222025NassauEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Comunicacións

O aeroporto internacional de Nassau, o máis importante das Bahamas, ten conexións diarias coas cidades principais dos Estados Unidos, do Canadá, do Reino Unido e do Caribe.

Read next

In 128 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article