factograf
GL

Hipoxeo

Hipoxeo

O hipoxeo (do grego ὑπόγαιον, hypogaios, a partir de hypo (baixo) e gaia (terra), cámara subterránea) é a escavación ou construción subterránea, especialmente a destinada a sepulcro principalmente no período precristián. Teñen sido empregadas ao longo do tempo por innumerábeis sociedades: durante o Calcolítico da Península Ibérica; no Antigo Exipto; ou polos fenicios.

Baixo a estrutura do antigo coliseo, por exemplo, un hipoxeo axudaba nos espectáculos sanguentos. Gaiolas e animais ficaban gardados na estrutura até que os xogos comezaban, entón abríase unha trapela e do hipoxeo saían gaiolas e animais para completar o espectáculo violento. No Antigo Exipto usábanse como tumbas e facíanse de pedra, pitábase e decorábase con estatuas.

Read next

In 29 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article