Helloween é unha banda alemá de speed metal nada en 1984 en Hamburgo coa publicación dun EP homónimo, e que se converteu nun dos primeiros e maiores expoñentes dese subxénero. Os discos de 1987 e 1988 Keeper of the seven keys, part I e Keeper of the seven keys, part II convetíronse en clásicos e referencias dentro do panorama do Heavy Metal.
Da formación orixinal, só persisten Michael Weikath e Markus Großkopf.
Dende o seu nacemento, Helloween publicou 16 álbums de estudio, catro álbums ao vivo, tres EPs e 30 sinxelos, foi galardoada con 14 premios de ouro e seis de platino e vendeu máis de oito millóns de discos en todo o mundo. Helloween teñen sido chamados "os pais do power metal", así como un dos chamados "catro grandes" da primeira escena alemá do xénero, xunto con Grave Digger, Rage e Running Wild.
Membros actuais
Discografía
- Helloween - 1985
- Walls Of Jericho - 1985 (Noise Records)
- Keeper Of The Seven Keys Part I - 1987 (Noise Records)
- Keeper Of The Seven Keys Part II - 1988 (Noise Records)
- Pink Bubles Go Ape - 1991
- Chameleon - 1993
- Master Of The Rings - 1994
- The Time Of The Oath - 1996
- Better Than Raw - 1998
- The Dark Ride - 2000
- Rabbit Don't Come Easy - 2003
- Keeper Of The Seven Keys - The Legacy - 2005
- 7 Sinners - 2010
- Straight Out of Hell - 2013
- My God-Given Right - 2015 (Nuclear Blast)
