factograf
GL

escritor francés

Guy de Maupassant

Guy de Maupassant

Key facts

data de nacemento5 de agosto de 1850
data de falecemento6 de xullo de 1893
educado enLycée Henri-IV
ocupaciónescritor de contos, dramaturgo, xornalista
lugar de nacementoTourville-sur-Arques
lugar de falecementoPassy
All data from the card 18
Nacemento
(fr) Henry-René-Albert-Guy de Maupassant 5 de agosto de 1850 Dieppe
Morte
6 de xullo de 1893 (42 anos)París
Causa da morte
Sífilis
Lugar de sepultura
Cemiterio de Montparnasse
Residencia
Q124356325
Educación
Lycée Corneille (1868–1869)Le Séminaire d'Yvetot (1863–1868)Lycée Henri-IV (1859–)
Campo de traballo
Literatura, teatro e xornalismo
Ocupación
escritor de contos, novelista, escritor, xornalista, dramaturgo, poeta
Período de actividade
1880 -
Movemento
Realismo literario
Profesores
Gustave Flaubert
Influencias
Honoré de Balzac e Émile Zola
Pseudónimo literario
Joseph Prunier Guy de Valmont Maufrigneuse
Participou no conflito
Guerra franco-prusiana
Cónxuxe
sen valor
Pai
Gustave de Maupassant
Descrito pola fonte
Pequeno dicionario enciclopédico de Brockhaus e EfronDicionario Enciclopédico Brockhaus e EfronGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978
Sitio web
maupassantiana.fr

Guy de Maupassant, nado en Dieppe o 5 de agosto de 1850 e finado en París o 6 de xullo de 1893, foi un escritor francés con predilección para situacións psicolóxicas e de crítica social con técnica naturalista.

Traxectoria

A pesar de que proviña dunha familia de pequenos aristócratas librepensadores, recibiu unha educación relixiosa; en 1868 provocou a súa expulsión do seminario, onde ingresara aos trece anos, e ao ano seguinte iniciou en París os seus estudos de dereito, interrompidos pola guerra franco-prusiana e que retomou en 1871. En 1879 o seu pai logrou que ingresase no ministerio de Instrución Pública, que pronto abandonou para dedicarse á literatura, por consello do seu grande mestre e amigo Gustave Flaubert. Este introduciuno no círculo de escritores da época, como Émile Zola, Ivan Turgenev, Edmond Goncourt e Henry James.

Alén de novelas e pezas de teatro, Maupassant escribiu 300 contos, sendo todos obras de gran valor. Destacan, entre os mais famosos, Bel Ami, Mademoiselle Fifi e Bóla de sebo. "A Pensión Tellier" e "O Horlá" poden ser considerados os seus contos máis significativos. Faleceu no manicomio aos 39 anos após tentativa de suicidio por perturbacións causadas pola sífilis que o atormentou por máis dunha década.

Foi así mesmo prologuista dalgúns autores contemporáneos seus, como por exemplo Claude Godard d'Aucourt.

Obra

Parte da súa narrativa está traducida ao galego:

  • "¿Quen sabe?", en O relato fantástico (Ir Indo, 1995), en tradución de Ricardo Terco.
  • Fantasía e Realidade (Ir Indo, 2005), que traduciu María Isabel García Fernández e que contén "O horla," A morta", "Tolo", "O tic", "Aparición", "A man", "A noite (pesadelo)", "Unha vendeta", "A confesión", "O horrible", "A nai dos monstros" e "O adobio"
  • Contos, en tradución de Antonio Pichel e Emma Lázare
  • Bóla de sebo (Boule de suif), en tradución de Emma Lázare Rodríguez. En 2018 Laiovento sacou unha versión lusista deste conto dentro do volume intitulado Bola de sebo e outros contos, en tradución de Claudio López Garrido.
  • Contos da arcea (Contes de la Bécasse et autres), en tradución de Rodrigo Vizcaíno
  • "O Horlá" (Le Horla), en tradución de Brenda Maure Noia.
  • A novela curta O doutor Héraclius Gloss (Le Docteur Héraclius Gloss), en tradución de Marie Abraira (Editorial Hugin e Munin, 2015).
  • A compilación Contos do día e da noite (Contes du jour et de la nuit), en tradución de Isabel Soto e publicada en 2013 na Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego.

Read next

In 104 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article