FreeDOS (anteriormente coñecido como Free-DOS e PD-DOS) é un sistema operativo para ordenadores compatibles IBM que se desenvolveu como unha alternativa libre a MS-DOS tras o anuncio de Microsoft de poñer fin ao seu soporte como un produto separado en 1994 e deixalo tan só como parte do seu sistema Windows. Distribúese baixo licenza GPL e inclúe algunhas características que non estaban presentes no MS-DOS como controlador Ultra-DMA, soporte para discos grandes (LBA) e o sistema de arquivos FAT32, o controlador DOSLFN para usar os nomes de arquivo longos de VFAT ou o soporte do hardware actual como pode ser o USB. A primeira versión alpha (0.05) lanzouse o 12 de xaneiro de 1998 e estivo dispoñible en diversas versións beta ata que o 3 de setembro de 2006 saíu a primeira versión estable (1.0) e en xaneiro de 2012 apareceu a versión 1.1. Componse de moitos programas diferentes e separados que actúan como paquetes.
Versións
| Versión | Status | Nome en código | Data |
|---|---|---|---|
| 0.01 | ALPHA | – | 16 de setembro de 1994 |
| 0.02 | ALPHA | – | Decembro 1994 |
| 0.03 | ALPHA | – | Xaneiro 1995 |
| 0.04 | ALPHA | – | Xuño 1995 |
| 0.05 | ALPHA | – | 10 de agosto de 1996 |
| 0.06 | ALPHA | – | Novembro 1997 |
| 0.1 | BETA | Orlando | 25 de marzo de 1998 |
| 0.2 | BETA | Marvin | 28 de outubro de 1998 |
| 0.3 | BETA | Ventura | 21 de abril de 1999 |
| 0.4 | BETA | Lemur | 9 de abril de 2000 |
| 0.5 | BETA | Lara | 10 de agosto de 2000 |
| 0.6 | BETA | Midnite | 18 de marzo de 2001 |
| 0.7 | BETA | Spears | 7 de setembro de 2001 |
| 0.8 | BETA | Nikita | 7 de abril de 2002 |
| 0.9 | BETA | – | 28 de setembro de 2004 |
| 1.0 | FINAL | – | 3 de setembro de 2006 |
| 1.1 | FINAL | – | 2 de xaneiro de 2012 |
| 1.2 | FINAL | – | 25 de decembro de 2016 |
| 1.3 | FINAL | – | 20 de febreiro de 2022 |
| 1.4 | FINAL | – | 5 de abril de 2025 |
