European Trophy (anteriormente denominado Nordic Trophy entre 2006 e 2009) foi un torneo de hóckey sobre xeo que se disputou cada ano entre 2006 e 2013, tradicionalmente composto por equipos das ligas máis importantes de Europa. Foi xeralmente considerado un torneo de pretempada, aínda que algúns partidos son xogados durante a tempada. Con 32 equipos participantes de sete países distintos en 2013, o European Trophy foi no seu tempo a maior competición de hóckey sobre xeo en Europa. Na tempada 2014–15, o European Trophy será substituído pola Champions Hockey League, un torneo organizado pola IIHF.
Suecia e Finlandia teñen participado en todas as edicións, sendo os únicos dous países que participaron cando o torneo era denominado "Nordic Trophy". O torneo comezou en 2006 baixo a denominación de The tournamen"Nordic Trophy" con oito equipos, catro de Suecia e outros catro de Finlandia. En 2010, algúns equipos doutros países europeos sumáronse ao toreneo, que mudou o seu nome para o actual European Trophy. Dende a inauguración do torneo en 2006 teñen participado equipos de oito países distintos: Suecia, Finlandia, Austria, República Checa, Alemaña, Eslovaquia, Suíza, e Noruega. Ningún equipo gañou a competición en máis dunha ocasión.
Equipos
En 2006 e 2007, o "Nordic Trophy" consistiu en catro equipos suecos, Djurgården, Frölunda, Färjestad e Linköping; así como catro equipos fineses, HIFK, Oulun Kärpät, Tappara e TPS.
En 2007, o torneo ampliouse de seis a oito equipos e creouse unha edición júnior (o torneo júnior deixou de disputarse logo da edición de 2010). En 2008, o torneo ampliouse con dous equipos máis, o sueco HV71 e o finés Jokerit. E no 2009 foi novamente ampliado coa inclusión do Malmö Redhawks sueco, e o Rauman Lukko finlandés. Porén, os equipos suecos e fineses foron divididos ese ano, pasando a haber dous torneos: un Nordic Trophy Sueco 2009 para os equipos suecos, e un Nordic Trophy Finés 2009 para os equipos fineses.
En 2010, o torneo tornouse europeo. Lukko de Finlandia deixou a competición sendo substituído polo Vålerenga noruegués. Adler Mannheim e Eisbären Berlin de Alemaña, e o checo Sparta Praha, completaron a "Capital Division"; co equipo austrico do Red Bull Salzburg, xunto SC Bern e ZSC Lions de Suíza, completaron a "Central Division". Eses novos equipo propuxeron mudar o nome do torneo ao de European Trophy.
Na edición de 2011 había 24 equipos. Suecia e Finlandia foron representados por seis equipos cada un. Luleå HF substituíu o equipo sueco Malmö Redhawks. De Finlandia, Kalevan Pallo foi incluído por primeira vez no torneo. Participaron tamén sete equipos da República Checa: Slavia Praha, Sparta Praha, Mountfield České Budějovice, Bílí Tygři Liberec, ČSOB Pojišťovna Pardubice, Plzeň 1929, e Kometa Brno. Os equipos alemáns Eisbären Berlin e Adler Mannheim repetiron participación. Ademais do Red Bull Salzburg, houbo un segundo equipo austríaco, o Vienna Capitals. Por primeira vez Eslovaquia participou no European Trophy, sendo representada polo Slovan Bratislava. Noruega e Suíza, non obstante, non tiveron representación. Tamén cambiou o calendario de competición: en lugar de xogarse os play-offs en setembro logo da rolda previa de agosto-setembro, os play-offs foron xogados en decembro.
A edición de 2012 ampliose con oito equipos máis para un total de 32 anos. Un novo equipo sueco, o Brynäs IF, chegou á compteción; Suíza regresou ao campionato con catro equipos; dous novos equipos alemáns entraron en competición; e un novo equipo de Finland participou no torneo. A primeira rolda do torneo disputouse entre xullo e novembro, mentres que os play-offs xogáronse en decembro. O Slavia Praha, non obstante, anunciou o 31 de maio de 2012 que deixaría o European Trophy. O 18 de xuño anunciouse que o Piráti Chomutov tomaría o lugar deixado polo Slavia Praha na "South Division".
O 14 de febreiro de 2013 anunciouse oficialmente a edición do torneo de 2013. Contou cos 32 equipos que participaron na edición precedente, sendo a primeira vez na historia do Nordic/European Trophy que se repetiron os equipos do ano anterior. Os 32 equipos foron divididos nas mesmas divisións, e a rolda previa (antes dos play-offs) é similar á do ano anterior, a única diferenza foi a asignación dos equipos locais e visitantes. Debido aos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014, a primeira rolda finalizará en setembro de 2013 e non en novembro.
| División | Equipo | Cidade | Pavillón* | Capacidade | Chegada NT/ET |
|---|---|---|---|---|---|
| Norte | Oulun Kärpät | Oulu | Oulun jäähalli | 6.614 | 2006 |
| Eisbären Berlin | Berlín | O2 World | 14.200 | 2010 | |
| Red Bull Salzburg | Salzburgo | Eisarena Salzburg | 3.600 | 2010 | |
| Luleå HF | Luleå | Coop Arena | 6.200 | 2011 | |
| Kometa Brno | Brno | Kajot Arena | 7.200 | 2011 | |
| Mountfield České Budějovice | České Budějovice | Budvar Arena | 6.421 | 2011 | |
| HC Plzeň | Plzeň | ČEZ Aréna | 8.420 | 2011 | |
| Hamburg Freezers | Hamburgo | O2 World | 12.947 | 2012 | |
| Sur | Linköping HC | Linköping | Cloetta Center | 8.500 | 2006 |
| HV71 | Jönköping | Kinnarps Arena | 7.038 | 2008 | |
| Sparta Praha | Praga | Tipsport Arena | 13.150 | 2010 | |
| Piráti Chomutov | Chomutov | Multifunkční aréna Chomutov | 5.250 | 2012 | |
| Kalevan Pallo | Kuopio | Kuopion jäähalli | 5.225 | 2011 | |
| Slovan Bratislava | Bratislava | Slovnaft Arena | 10.000 | 2011 | |
| UPC Vienna Capitals | Viena | Albert Schultz Eishalle | 7.000 | 2011 | |
| JYP | Jyväskylä | Synergia Areena | 4.628 | 2012 | |
| Leste | TPS | Turku | Gatorade Center | 11.820 | 2006 |
| Tappara | Tampere | Hakametsä Areena | 7.800 | 2006 | |
| Djurgårdens IF | Estocolmo | Hovet | 8.094 | 2006 | |
| SC Bern | Berna | PostFinance-Arena | 17.131 | 2010** | |
| Bílí Tygři Liberec | Liberec | Tipsport Arena | 7.500 | 2011 | |
| ČSOB Pojišťovna Pardubice | Pardubice | ČEZ Aréna | 10.194 | 2011 | |
| Brynäs IF | Gävle | Läkerol Arena | 8.585 | 2012 | |
| HC Fribourg-Gottéron | Friburgo | BCF Arena | 6.900 | 2012 | |
| Oeste | Färjestad BK | Karlstad | Löfbergs Lila Arena | 8.647 | 2006 |
| Frölunda Indians | Gotemburgo | Scandinavium | 12.044 | 2006 | |
| HIFK | Helsinqui | Helsingin jäähalli | 8.200 | 2006 | |
| Jokerit | Helsinqui | Helsinki-halli | 13.349 | 2008 | |
| ZSC Lions | Zürich | Hallenstadion | 10.700 | 2010** | |
| Adler Mannheim | Mannheim | SAP Arena | 10.600 | 2010 | |
| ERC Ingolstadt | Ingolstadt | Saturn Arena | 4.815 | 2012 | |
| EV Zug | Zug | Bossard Arena | 7.015 | 2012 |
Estrutura do torneo
O European Trophy divídese nunha primeira fase disputada entre finais de xullo e novembro, na que os equipos xogan uns contra os outros segundo un calendario predefinido; e un play-off de fin de semana en decembro xogado a eliminación directa. O equipo que gaña á final é coroado o Red Bulls Salute Champion. Se un partido remata con empate logo do tempo regulamentario (60 minutos), xógase un tempo extra de 5 minutos. Durante o tempo extra cada equipo pode substituír só catro xogadores no xeo á vez (excepto 3 cando en calquera dos dous equipos hai un xogador penalizado). Se non se anota ningún gol no tempo extra, o partido decídese por shootout, comezando cada equipo con tres penaltis. Se logo dos tres primeiros penaltis persiste o empate, xógase a roldas de morte súbita ata que sae un campión.
Partidos da primeira rolda
Na primeira rolda, os 32 equipos son divididos en catro divisións e cada equipo xoga contra cada equipo da súa división unha vez. Ademais, cada equipo ten asignado un "rival loca" na mesma división contra o que xoga un segundo partido. Polo tanto, cada equipo xoga un total de 8 partidos na primeira rolda. Se conceden puntos en cada partido, con tres puntos para o gañador no tempo regulamentario, dous para o gañador no tempo extra ou no shootout, un punto para o perderon no tempo extra ou no shootout, e ningún punto para o perdedor no tempo regulamentario. Os dous equipos co mellor rexistro de puntos de cada división clasifícanse para os play-offs.
Play-offs
Os play-offs do European Trophy, coñecidos como Red Bulls Salute, son a derradeira parte do torneo. Trátase dun torneo a unha volta, onde dous equipos xogan entre eles para pasar á seguinte rolda. No torneo de 2013, o Red Bull Salute disputaráse ne Berlín. Non hai partidos de clasificación, o que significa que só hai cuartos de final, semifinais e un partido final. O Red Bull Salute tivo lugar préviamente en Salzburgo e Viena en 2010 e 2011, e en Viena e Bratislava en 2012. Antes de 2013, o organizador dos play-offs tiñan garantido un lugar no play-off (isto é, clasificábanse diréctamente para os play-offs) e tomaba o lugar do peor segundo clasificado de todas as divisións do torneo.
Primas
Logo da primeira rolda, os catro campións de división reciben 25.000€ cada un, os catro segundos clasificados 20.000€, e o terceiro, cuarto e quinto clasificados reciben 15.000€, 10.000€, e 5.000€ respectívamente. Ademais, na final do Red Bull Salute, o equipo campión recibe 50.000€, mentres que o finalista recibe 10.000€. En total repartiránse 360.000€ no European Trophy 2013.
Trofeos e recoñecementos
Ao final da fin de semana da final, o gañador da final é proclamado campión do European Trophy. Hai catro recoñecementos para os xogadores determinados polas súas estatísticas durante o torneo: o RBK Nordic Star, o mellor porteiro, mellor defensor e mellor dianteiro.
Campións
| Nordic Trophy | ||
|---|---|---|
| Ano | Campión da rolda previa | Campión dos play-offs (Campión do Nordic Trophy) |
| 2006 | Färjestad BK | Färjestad BK |
| 2007 | Oulun Kärpät | Oulun Kärpät |
| 2008 | Linköpings HC | Linköpings HC |
| 2009 | HV71 (Torneo sueco) | Djurgårdens IF (Torneo sueco) |
| Lukko (Torneo finés) | Tappara (Torneo finés) | |
| European Trophy | ||
| Ano | Campión da rolda previa | Campión dos play-offs (Campión do European Trophy) |
| 2010 | HV71 | Eisbären Berlin |
| 2011 | Plzeň 1929 | Red Bull Salzburg |
| 2012 | Luleå HF | Luleå HF |
| 2013 | Färjestad BK | JYP |
Debido ao sistema de divisións da rolda previa do European Trophy, o campión desta fase determínase en función do equipo co mellor récord.
Véxase tamén
Outros artigos
- European Trophy Junior
- Champions Hockey League, un torneo similar xogado só na tempada 2008–09
Ligazóns externas
- EuropeanTrophy.com Arquivado 23 de xuño de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)